2.6.08

Unha forma de morte

O funcionariado podería ser unha forma de morte.

Hoxe pasei por un departamento da Xunta, foron a penas uns minutos, o suficiente para levar un fedor a cadáver tras tratar cunha zombi.

16 comentários:

Desorde disse...

traballa, ho!

LM disse...

deveriades por isto em escena...se a proposta for para adiante seriam tam amavéis de reservar-me uma butaca central fila sete?

llll disse...

acabades de me dar unha boa idea para o guión dunha curta... seguide, please, que me deixades os diálogos resoltos

LM disse...

sara j, e a mim reservas-me a butaca central na fila sete?

Desorde disse...

Sara, l&m: sinto que os vosos comentarios queden no aire e sen aparente senso pero como o ocioso acomplexado ese deixou de ter gracia censureino, esta é a miña leira.
Bicos.

edu disse...

desorde, ti si que es grande!

Desorde disse...

Graciñas ohqtordv!

llll disse...

e os comentarios anteriores? agora que me ía poñer transcribir o guión... borráchelos? :( non censures a entraa de comentarios oh... non mola.

Desorde disse...

sintoo, pero están eliminados...
non te preocupes que máis ou menos lembro a secuencia...

llll disse...

entón agora exerces de censor? chégache un comentario e pensas: este gústame, este non me gusta. e dáslle a aceptar ou non? coido que o teu estilo é outro. e se cossimo quere seguir escribindo comentarios máis cabreados ou menos, máis absurdos ou non os lectores e lectoras somos o suficientemente intelixentes como para facer criba. pero coido que facela un mesmo non é moi democrático. xa sei que é a tua leira e todo iso pero, non sei... tesme que desculpar, pero non mola.

Desorde disse...

.... non é que non me molaran ou deixaran de molar, simplemente os comentarios deixaran de ter gracia. censor era autoirónico, non creo nin que sea censura, aquí chámalle moderación (outro eufemismo), simplemente non invito a todo o mundo, como na vida mesma, e se queres que che inviten has de ter gracia como mínimo. creo que sería o máis exacto.

llll disse...

http://ideasrenovadas.com/
2008/01/26/6/

LM disse...

isto é um metatexto fantástico...ou seja que a redactora do guiom agora é protagonista do debate? entom quem é que me reserva a butaca central na fila sete?

Desorde disse...

estamos metidos de cheo na obra que tomou un xiro inesperado...

llll disse...

señor Desorde, estimados l&m: vexo que lles choca que dea a miña opinión ó respecto sobre os comentarios con revisión do autor deste blogue. no feito de que eu dea a miña opinión desfavorable ó asunto vostedes ven debate, cando eu só vexo unha necesidade de expresar o que naquel intre sentía. dende sempre entrei aquí e mesmo o teño nos meus enlaces favoritos porque gusto do que nel se escribe. mais permítanme que por unha vez non estea dacordo cun xeito de entender a forma de facer as cousas. coido que o señor Desorde é o suficientemente intelixente e debería estar por riba de calquera pailán que veña aquí dicir memeces. se vostedes revisan antigos comentarios do meu propio blogue verán que algúns mesmo chegaban ó máis rancio insulto (que, por se referiren á miña persoa, estimei oportuno non borrar). coido que hai que estar por riba desas cousas. o feito de darlles imporancia ou exercer de censores non fai máis que indicar un certo medo ou inseguridade cara a propia crítica suscitada. enteimarse nun debate encarado e despois anular o dereito a que todos poidan participar é un tanto estraño e mesmo absurdo.

nada máis. tomádeo con humor, que a vida xa é dabondo rutinaria e gris como para enzarzarse en disputas tan absurdas ou enfurruñamentos diversos.

eu polo de pronto sigo de road movie. xa vos contarei no regreso.

LM disse...

pois a mim nom me choca para nada a tua opiniom, de facto concordo plenamente e também tenho o senhor desorde nos meus favoritos. ainda mais tou por colar no blogue "tomádeo con humor, que a vida xa é dabondo rutinaria e gris como para enzarzarse en disputas tan absurdas ou enfurruñamentos diversos." porque expressa muito do que sinto em tres linhas.
espero com ansia esse regresso. beijooooossss de mandarina