20.4.08

Destructor de adolescencias

Destructor de adolescencias. Parece un verso solto dunha poetisa adolescente tras descubrir que o seu mozo pégalla coa sua mellor amiga. Pero non, Desorde: o destructor de adolescencias. Se non o cren pásen por aquí. Poden descubrir que Desorde é de carne e oso, que emprega paraugas, trapichea con música e que inda por riba é máis simpático do que parece. Nunca o tería sospeitado. Para a próxima estarei hierático e algo gruñón.

De todos xeitos aproveito para presertarlles o bló de L&M que en realidade é o bló de E&E e os seus retoños. É unha idea boa e xeitosa. Disfrútenno.
Eu, en mode copiar ideas: esta mañán mentres M se duchaba eu bailei con N en brazos Ronroneando. Pode dicirse que é un novo xeito de afrontar as cousas: onte non fun ao concerto de Micah P. Hinson con JM pero bailo pola mañán con N. E a verdade é que Micah P. Hinson é bastante coñazo e deprimente.

3 comentários:

llll disse...

ola. lin tarde a mensaxe... estaba en Marín, gravando unha cousa que coido pode gustarche cando estea montada... estaba en Marín e sen teléfono, desconectada de todo, disfrutando das testemuñas da xente do pueblo para este novo vodeo... xa vos contarei... así que un ano máis... benvido sexa. se segue en pé a festa dentro desas dúas semanas que dcías, irei... avisa, vale? e baila, baila moito. inda vou ter que levar cámara para gravarvos, carallo!

LM disse...

hierático e algo gruñón? nom acredito...

Desorde disse...

- avisarei
- eu tampouco acredito, pero bueno...