19.3.08

Santa Semana

Hai anos estaba en Doñana por estas datas, o xoves (santo) marchaba de volta para Galegolandia e unha rapaza, non lembro se alemana ou holandesa mirándome desconcertada preguntoume que como podía marchar e non quedarme en Sevilla a ver as procesións e todo iso. Non lembro moi ben o que lle respondín. M di que o da Semana Santa é como un rollo de National Geographic e ten toda a razón do mundo. É algo exótico para que veñan alemanes e así.
Outra historia é que é a perseguida Igrexa Católica, esa secta grande con grandes influencias e moito poder, tomen as rúas con total impunidade sen ningún tipo de complexo e o resto da sociedade, tan tranquilos, como se simplemente fora un documental do National Geographic. Pero non o é, é unha exhibición. Si, claro, está o da cultura e blablabla. Si, si, claro.

Nenhum comentário: