24.2.08

Liga infantil: o gran debate

Plantexar un debate electoral (mañán debate Zp/Rajoy na tv) como un partido de tenis revela, dende o meu punto de vista, unha profunda imbecilidade e un notable nivel de manipulación e infantilismo.
Trátase de que dúas persoas expoñan e confronten os seus puntos de vista que serán diferentes en función das súas ideoloxías. Pensar que se pode gañar ou perder é simplemente patético porque entón o que se mide é a simple habilidade retórica: non se avanzou nada en 24 séculos?
A cuestión é que a ideoloxía está, queramos ou non por moito que os patéticos políticos actuais e os tristes xornalistas contemporáneos se empeñen en facer como se non existira. Dalles apuro dicir que son de dereitas? ou de esquerdas?
Nalgunhas horas teremos o resultado do partido da liga infantil. Todos entrarán ao trapo.


Nenhum comentário: