13.2.08

Español

Teño DNI de español.
Rajoy quere que os inmigrantes respeten as costumes españolas.
Quérelles facer un "contrato".
Eu son inmigrante: nalgún momento viñen de África, as miñas mitocondrias teñen ADN dunha muller africana por máis que a miña nai sea bastante loira.
Teño un apelido de orixe xudea. Os reis católicos botaron os xudeus, non a todos, polo visto.
Visto todo esto caben dúas opcións.
Opción A:
  1. Como son español, calquera cousa que faga será unha costume española.
  2. Como español, respeto todas as leis españolas.
Opción B:
  1. Como son español, podo facer calquera cousa, mesmo ir en bolas pola rúa cun cordelo na cintura e a pirola amarrada que non pasa nada.
  2. Como son español podo arbitrariamente respetar ou non a lexislación española, podo defraudar a facenda, adicarme a venta ambulante e personalizada de droga, que non pasa nada.
Como se pode apreciar, ambas opcións son completamente estúpidas.
Que son xenófobas xa nin o comento porque é unha obviedade.
Aquí venme á cabeza unha frase de Stendhal particularmente acertada: O home pouco claro non pode facerse ilusións: ou se engana a si mesmo, ou trata de engañar a outros.


Nenhum comentário: