18.2.08

A doble liña negra. Para lembrar

Unha autopista une dous polos. Unha autopista separa dous puntos. Unha autopista biseca unha xeografía.
Dúas liñas negras alongadas para recorrer, unha e outra vez: o tempo pasa pero ese espacio negro, doble e lineal continua inmutable, alleo a todo o que verquemos nel: aceite, fume, chicles, líquido de frenos, improperios, klinex con mocos, klinex con bágoas, klinex con vómitos de bebé, lembranzas, cancións, maldicións, cinza e colillas, goma de neumáticos, sangue e olladas.
Ninguén lembra nada, niguén entende nada: hai tempos xeolóxicos influindo en criaturas que ainda non naceron.
Non sei que pasa, non consigo conectar o gps bluetooth. Casa.


2 comentários:

Anônimo disse...

Fermosísima e poética road movie.
Bicos Sr Desorde

Anônimo disse...

Nesta lucícheste. Chegarei a casa arredor das catro.