- Coincídeme un xantar nas proximidades dun garda civil ao que non coñecía de antes. O tipo veña botar por fora contra Pontevedra (?) porque non se pode cear un chuletón, fala de cousas da miña profesión, presume de "entender" de cadelos... non para de falar; eu adícome ao churrasco.
- Coincídeme unha presentación dun proxecto ante uns políticos (de 3ª fila). Unha das políticas é unha coñecida política. Aos 3 minutos confirmo que a tipa é unha trastornada absoluta. O problema debe de ser que non ten quen a escoite e veña botar por fora, nunha verborrea tan pouco educada como infantil.
En ambos casos venme a cabeza o "por qué no te callas?" do Borbón. Solidarízome plenamente.
Fago en 4 días 882 km. Falo de desenvolvemento Sostible. Mañán farei 300 km máis: as enerxías renovables é o que teñen.
Fago en 4 días 882 km. Falo de desenvolvemento Sostible. Mañán farei 300 km máis: as enerxías renovables é o que teñen.
Um comentário:
iso non pode ser bo para a saúde...
Postar um comentário