17.10.07

Os avogados escriben poesía


Efectivamente, ten razón un lector anónimo que deixou unha mensaxe no post anterior: Mayor Oreja declárase franquista e non pasa nada. A intelixente e divertida páxina de Aduaneiros sen Fronteiras pecha e parece como que pasou algo.
A historia ven porque a poetisa (sic) Yolanda Castaño, protestou por un xogo no que parece ser que aparecía ela (cuestión de imaxe, a min non se me parece), protestou a través dun avogado así que os Aduaneiros pechan.
Vale, efectivamente é posible que sexa cuestionable o uso da súa imaxe, é posible que o gusto dos comentarios sexa óptimo, etc. pero agora ben, o que é un auténtico DELITO, rollo adolescente e de gusto discutible é a web da popular public relations. A min polo menos daríame vergoña e pediríalle ao meu avogado que me denunciara. O meu alter ego o día que a descubriu mandou unha mensaxe aos amiguiños co seguinte texto:
estúpidamente deliciosa, deliciosamente estúpida.

Claro que o perfilador de morros tamén é de moi mal gusto e ninguén vai o cárcer por iso.
O que fode de todo isto é que inda por riba estamos facéndolle todos publicidade de gratis.

O dito:
coidado que hai nenos xogando

Nenhum comentário: