24.9.07

Voda

Foi en Barcelona e eu non fun. Casaba unha prima lonxana e perdinme un espectáculo pijo de primeira magnitude, tomade nota:
Casan no centro de Barcelona, un rolls descapotable branco leva e trae aos noivos... ata aquí todo normal. Os invitados van a unha masía das aforas, abren viño, canapés.... de pronto aparece un helicóptero. Tráfico? o 061? un infarto? un incendio?.... Non, os noivos que chegan no helicóptero....
Hiperpaletada.

3 comentários:

duarte disse...

A xente non sabe como gasta-los cartos, mais ¡o que daría eu por velo!

Anônimo disse...

sí señor, o que daría eu tamén por velo, un estudio antropolóxico, fondo cotilla supoño

Silvana disse...

Igual o alugaron por si algún dos noivos queríase suicidar despóis do acto sacramental.

Surrealista de todo. Un saúdo.