18.9.07

Soft Core, porno blando ou flipe.

Casualmente capto algunhas escenas de SUPERMODELO 07 na tv na Canle Cuatro. Quedo flipado. Neste programa podemos ver auténticas humillacións en directo, maltrato (diría que animal) e o máis flipante, escenas casi constantes de softcore, porno blando ou como se diga. Algunhas das chavaliñas, extremadamente idiotas, son menores e eu pensaba que eso era delito. A verdade é que é todo bastante confuso polo que como primeira conclusión (provisional) creo que hai un organismo que di o que é explotación sexual de menores e o que non o é; ise organismo tería como criterio ser cool: se o rollo é cool non é explotación, se non o é, é explotación. Sinxelo.
Como mostra do humor/humillación un botón: a unha boba-menor disas dinlle: "tienes que marcharte a Santander ya!" e ela resposta: "joooOOooo, y dónde está SantandeeeEeer?".
Queda meridianamente claro que a ESO fracasou. Entre outras cousas.

Nenhum comentário: