8.9.07

Caótica é pouco

A min as pelis de Julio Medem gústanme moito, a verdade é que si, e do que máis me gustou, Lucía y el sexo, Vacas, La ardilla roja e dende logo La pelota vasca.
Así que había que ver Caótica Ana. Ben, dende o primeiro minuto ata o último pareceume unha estupidez maiúscula. Sorprende por ser tan extraordinariamente mala, por estar todo tan fora de lugar, por tratar ao espectador como un gilipollas, por pensar que o arte é poñer peña afectada e maioritariamente en bolas (a tipa sí que está ben, ollo), por pensar que os espectadores non sabemos nada do Sahara Occidental, por ser unha colección de tópicos que fan un sorprendente equilibrio equidistante entre a ñoñería, o rollo chachiguai e o rollito progre trasnochado de toda a vida, por non saber qué contar e por meter na termomix un montón de cousas a ver se cola....
Bueno, sitoo por Medem. A próxima peli ireina ver con igual de ilu, eso tamén é certo, un mal día tenno calquera.

Um comentário:

Patrice disse...

Por algunha estraña razón... esperábao...

Unha pena.