25.8.07

Erase unha vez un complot

Hai un ano. Hai 12 meses os eucaliptos galegos ardían e a cidadanía púñase nerviosa. Xurdiron, ou mellor dito, rexurdiron, as teorías da mafia, o complot, a trama, a conspiración ... cousas que só un cego non vería.
Hoxe, como choveu moito, mira tu, a mafia non actúa. Pola contra parece que se trasladou a Bosnia, a Croacia, a Italia, a Grecia (onde xa morreron 47 persoas)....
Qué teñen en común estes sitios entre sí, e Galicia con eles? Clima mediterráneo, moita vexetación (debido a pluviosidade temporal), unha política agraria común, etc. inda que eu destacaría unha socidade ignorante e unha clase dirixente á súa altura.
Ou se cadra é a mafia, que é trashumante. Dejá vú

Nenhum comentário: