6.7.07

Diario dun desordeado

O mércores coñecín un tipo. Un ser humano-insecto-pao, perfecta definición da indolencia, imaxe ideal da insensibilidade. 550 km, conversas sobre quirópteros: a corrupción en torno aos morcegos, esto non o soluciona nin Batman. Bocadillo de lomo con tomate, cocacola quente. O insecto-pao-homínido merca licorcafé de marca (en Castro Caldelas!!): traumática confirmación da súa insensibilidade.
O xoves: xuntaza de laboriosas abelliñas e algún zángano, observando a unha raiña-nai de enxamio de provincias. Reunión no cúmio, fundamentalismo de salón, dogmas campestres, atuendo informal.
O venres: satisfacción. Agora, Dirt, algo de Marina, logo piscina, logo parece que chegou o
verán.


Nenhum comentário: