14.4.07

Traslado 2

Fascíname o traslado: recollo todo e volto a colocalo noutro lugar. Pero existe o efecto peneira.
O efecto peneira é sinxelo, simplemente un pensa que ten unhas cousas e cando pretende trasladalas algunhas quedan polo camiño. Tirei unha cantidade inxente de cousas, fundamentalmente papeis: revistas que nunca vou reler, documentos que tiveron senso pero que agora o único que fan é estorbar, ocupar, pesar, caixas de chismes, cousas disas. Tamén desfíxenme de roupa e dalgún moble, cousas que pasaron de ser propias a serme alleas.
Todo está ben. Pero desacougame a idea de non prever un novo traslado moito tempo: e se as cousas, papeis, etc comezaran a acumularse e medrar en torno a min indefinidamente? invadirían a casa? deixarían espacio para as cousas importantes?... ben, vou ter que crear un efecto peneira diferente. Pensarei nelo.
Por suposto todo foi rexeitado seguindo os máis estrictos cánones da separación en orixe do lixo. Inda que temo (sei) que moitas cousas voltarán a reunirse logo en forma de partículas na atmósfera facendo inútil o meu esforzo.

Agótame o traslado: finalicei parcialmente e confeso o meu esgotamento. Qué foi peor? pintar? limpar? mover caixas e bolsas desas que levan os emigrantes globalmente? ou quizáis limpar a casa que deixo? esa na que non voltarei entrar que me acolleu por unha boa tempada? eso creo que foi como unha sobremesa malévola.

Escribirei sobre o novo habitáculo. Agora vou descansar.

Nenhum comentário: