Fai anos vira nunha feira un libro, Wildlife, de Richard Ford, un dos meus autores contemporáneos favoritos (que por certo ten libro novo, a continuación de "o xornalista deportivo" e "o día da independencia"). Este libro tiña a peculiaridade de que estaba verquido ao galego e eu xa o lera en castelán, traducido como "Incendios". Por suposto é boísimo. Relinno en galego e a miña decepción foi inmensa: a narrativa áxil de Ford convertérase nun pastel de crema onde o criterio de traducción semellaba ser "canto máis raro pareza, mellor", total que unha lamentable traducción arruinaba un bo libro, era unha plasta aburrida, sen senso ningún, carente de ritmo..... maxinaba unha gaita afiada atravesando o fígado do traductor.
Dende entón teño que confesar que as traduccións ao galego asústanme, máis porque coñezo en detalle como foi feita algunha tratando de emular a Cortázar e Yourcenar, por exemplo.
Todo isto ven a conto de que merquei o último, Viaxes no scriptorium, en galego, doutro autor favorito meu, Auster. Así que emprederei a lectura con medo e sí, tamén prexuicios. A mínima que non me guste, abondonareino e mercarei a traducción ao español, mentres melloro o inglés. Paciencia.
De todos xeitos, quizáis atope algunha clave ao medo no último de J.A. Marina, Anatomía del miedo.

4 comentários:
Eu non me fiaría moito! (da traducción, claro...). Un consello pra unha boa lectura destas Viaxes.... ESTÁTE ATENTO! jeje
Bicos! e agardo a túa crítica!
Marina es lo puto peor.
Marina é de puta madre!!
oes, aquel que che regalara no cumpre, "O deserto dos tártaros", a traducción era moi boa. Baixeiras é un mestre neste aspecto. non todo é bosta. está ben que apostaras por contribuir á normalización da traducción ó galego. agardo saber se pagou a pena ou non.
Postar um comentário