9.11.06

3 perversións

  1. hoxe vinme obrigado a felicitar á picolética institución: tras 19 anos de carnet de conducir, recibo a miña primeira multa en estrada. non é por queixarme nin por xustificarme pero a multa foi absurda e culpa do camuflado coche benemérito. é un proceso recaudador sinxelo, gustaríame facer a min estas pequenas putaditas, ten que dar un perverso e íntimo pracer. un pracer de 63 euros.
  2. como perverso é que o Vaticano solicite ao estado de Israel que prohiba celebrar unha festa gay en Jerusalem pero non eleve unha queixa ante o mesmo estado por cargarse un grupo de persoas que estaban a durmir.
  3. diputado Wolf: resulta que un parlamentario do PP di que presida a comisión de cultura do parlamento galego o diputado Wolf é como que Josu Ternera presida a Comisión de Dereitos humanos. pois non, non podo estar máis en desacordo co diputado do PP: Josu Ternera non se merece isa comparación.

Um comentário:

Anônimo disse...

despois os enfermos e tolos son outros... ai que foderse!!!