máis que indignarme o lume, indigname a simpleza do que levo escoitado todos estes días. e dito sexa de paso, do que levo lido, tamén en blós que habitualmente leo porque me parecen estupendos.
a simpleza é parente cercana da estupidez, qué é máis grande que as nubes de fume e cubre á consellería do rural de xeito patético; creo na trasmutación das almas: o conselleiro do lume pasa de corpo en corpo, fai 15 anos era Romay Beccaría, agora é un tal Suárez Canal que un día leu un conto sobre o país e pensou que era así realmente.
a simpleza é parente cercana da estupidez, qué é máis grande que as nubes de fume e cubre á consellería do rural de xeito patético; creo na trasmutación das almas: o conselleiro do lume pasa de corpo en corpo, fai 15 anos era Romay Beccaría, agora é un tal Suárez Canal que un día leu un conto sobre o país e pensou que era así realmente.
6 comentários:
Eu confeso que me sinto perdido, que non sei nin sequera con quen enfadarme. O fume dos telexornais metéuseme nos miolos e anuloume a capacidade de razoar. O venres vou a Vigo e xa teño medo da paisaxe. Un saúdo, desafortunadamente sen solucións.
A min indígname a crítica sen argumentos, nin novos nin vellos, esa si que é sempre unha parente estúpida e molesta porque se mete na nosa casa dicindo que vén só para un par de días e logo asenta impedíndonos reordenar a casa como precisariamos.
Asisto dende unha estupefacción absoluta a un feito que en máis dunha ocasión vivín de preto en Galicia, sinto unha profunda tristura e unha dor non exenta de rabia.
Pois nin te imaxinas as cousas que ando escoitando eu no curre estes días. Lin o artigo. Voullo recomendar a algúns que creo que nin saben o que significa a palabra "lume" ou "Galicia". Pero ao igual que alguén que che fixo un comentario nel, gustaríame que deras a túa opinión sobre cousas concretas como a aparición de 14 focos nunha hora (non sei se é certo, pero iso din), ou esa sensación de boicot que si que existe. Bicos.
non é tan fácil atopar explicacións. e cando non se teñen argumentos nos que refuxiarse, caer na simpleza é máis fácil do que parece. eu levo unha semana buscando explicación e non lla atopo. ademais de triste, estou perdida
E non vos preguntades quen conforma e quen organizou esta mafia criminal que está continuamente plantando novos focos de lumes e nos lugares onde fan máis dano (preto das vivendas e agora xa arredor dos aeroportos...)?
Credes que os incendios non son intencionados? Credes que hai tantos pirómanos, tolo enfermos?
Cal credes que é o obxectivo desta campaña terrorista?
Nunca pensei que chegarían ata este punto... e iso é o que máis me decepciona, que haxa tanta maldade preto de nós...
un sáudo!!
Postar um comentário