24.8.06

de raposos e cobardes

atraveso as aforas da cidade as dúas da mañán e coas luces do coche ilumino un animal que, tranquilamente, pasea por unha beirarúa. é un raposo novo e larguilucho. da a volta e desaparece nese bonito espacio de ninguén que hai entre as hortas e os xardíns. lembro cando hai uns anos flipabamos cos documentais de raposos que vivían no centro de Londres. xa somos europeos.

e estou ata os collóns deste bar no que os camareiros só te atenden se estás boa, non fai falla sorrir moito.

trato de desenvoler algunha hipótese sobre a paranoia (anti)incendiaria e a teoría da conspiración xurdida cando, casualmente, atopo algunha clave: insunúase a teoría da conspiración dende un primeiro momento dende un bló, baseandose nun artefacto estatístico de aficionado e extraendo as conclusións previamente determinadas. ben, podería non pasar nada, pero o tipo é do BNG, onde reside o gran bastión da conspiranoia incendiaria. outro aprendiz de zorro urbano cutre e manipulador, a todos os efectos, nun país de cobardes para cobardes. e paranoicos.

9 comentários:

cneirac disse...

Boas Desorde

Veño de recibir no meu xestor aviso da ligazón que inclúes nesta anotación e seguíndoa chego con tristura até este comentario ferido e ferinte.

Ferido porque penso que case ninguén na blogosfera galega, sendo todos/as cada un do seu pai e da sua nai, coido que partillamos a dor polo que aconteceu.

Ferinte porque o cualificativo que me dedicas así o é, e porque sei quen es (que nesta esfera nos coñecemos todos) e non te tiña por alguén que gostase de descualificar en vez de debater. O meu blogue está aberto a quen queira facelo, como supoño o estará o teu, pero o único comentario que recibín ultimamente era tamén un comentario ferinte e insultante que decidín borrar, pois aínda que a miña casa está aberta non o está para calquera, como é evidente.

É evidente que non concordamos na análise. Eu só pretendo desenvolver a miña empregando os datos e instrumentos que teño a man e que sei usar. Non gosto de coincidir nas miñas apreciacións con algunhas personaxes que como dis ti están máis interesadas na súa imaxe política do que estou eu, que a dicir verdade dáme bastante igual. Tes razón nunha cousa: Son do Barça, do Celta e do Bloque, como dixo hai pouco un rapazolo no pequeno grande show da Galega.

Espero medrar axiña e asistir ás aulas no inseminario, a ver se así me convirto en máis papista que o papa e se me pasan estes delirios. Ou quizá debería procurar asesoramento especializado...?

Un saúdo

Anônimo disse...

O que pasa é que o que escribe isto é un puto gafapasta sociata

Desorde disse...

pois vai ser que teño razón: este é un país de cobardes.
habería que engadir que tamén de mal informados.
unha aperta

llll disse...

"puto gafapasta sociata", mi madriña.

non ía comentar este post, pero agora si. comentarios coma ese son as típicas evidencias dun sentido do humor mal levado e pouca capacidade de argumentación, ademais de cobardía, porque nin sequera deixa un sobrenome tras de si.

penso que hai que ser máis elegantes nas cousas que se din. ai, se Groucho Marx erguera a cabeza!!!

llll disse...

meu querido desorde, a pesar das diferenzas que nos unen (porque a diferencia é ás veces a verdadeira proba dunha amizade) creo que, a pesar das diferenzas, debes facer caso omiso a despropósitos tan pouco intelixentes.

llll disse...

por certo, hai un xeito moi sinxelo de averiguar as IP dos comentarios. dígoo porque a cobardía ás veces non atende a razóns...

Desorde disse...

:) sara, paso de IP e cousas disas, inda non son suficientemente paranoico e non me gusta perder o tempo.
un bico

Desorde disse...

benvido ex-anónimo: segue vd. desinformado por completo. non estou ofendido nen moito menos, máis ben divertido.
non considero ter escrito un texto ofensivo con TODOS os simpatizantes dun partido político nen moito menos, tan só con algúns. pola miña postura (a do blog, e máis a pública) teño recibido pola contra insultos (ver entradas anteriores no bló) incluso o de traidor que non é un xeito moi cariñoso de tratar a quen discrepa.
reitero as miñas apreciacións, reforzadas polo seu comentario de que lle chegaron os rumorosos por outros cauces (sic) "en concreto da propia consellería". creo q con isto chega dabondo :)
informo, pola miña parte, que teño a honra de non ser xa, dende hai un tempiño, do bng, que leva unha liña dende hai uns 3 ou 4 anos da que o menos q pode facer un é orgullecerse. na miña opinión. claro está.
respecto a Calidonia, non é señora, que é señor, e parte da disputa, diría que o esencial, desenvolveuse noutros eidos, considerablmente máis públicos.
teño que recoñecerlle o atractivo da súa proposta: acusar de sociata é típico do bng máis reaccionario e arcaico, e acusar de gafapasta é de modernillo festivalero, si. é atractivo porque non se soen materializar no mesmo corpo eses dous enxendros xuntos. parabéns.
volte vd. cando queira.

Desorde disse...

bufff, sí q vas moi desencamiñado: se pensas q eu pido o voto para o psoe... manda carallo!! impresionante!!
e unha precisión de importancia: non son un ex-nacionalista cabreado, son un ex-militante cabreado. xa sei q só é mun matiz, pero é aí onde radica a diferenza. para militar na dereita xa temos o pp.
ser coherente, ter personalidade... é moi canso e aburrido, por certo.
increíble: un ainda-militante citando a L-Kan! Vd. sabe: yo ya no, etc