18.7.06

tomates

tomates: hai poucas cousas que me gusten tanto. gústanme en calquera ensalada de calquera tipo, con leituga, sos, cun pouco de allo... gústanme secos, asados, en salsa, en sopa, no gazpacho, con queixo, con anchoas. gústame mordelos, gústanme que os mordan e que a pulpa esbare polos beizos e pingue, gústame bicar eses beizos.
por iso cabréame tanto que duns anos para aquí sexa tan difícil atopar bos tomates: todos saben ao mesmo, a nada, e se queres un que realmente saiba a algo tes que pagar cifras escandalosas que pago fruncindo o ceño. o aspecto: todos iguais, son tomates clónicos, perfectos, é o soño de Hitler pero en hortaliza, Hitler na túa bolsa da compra, toda a ideoloxía do planeta nesa mesma bolsa.
por iso cando a miña tía me da unha cesta chea de tomates da súa horta, grandes pequenos perfectos imperfectos máis vermellos menos, eu visito o ceo cada vez que meto un na boca e o seu saibo estálame dentro e penso que non todo está perdido.

8 comentários:

besbe disse...

salgado

Anônimo disse...

Gústame mordelos como se fosen unha mazá.

llll disse...

cando queiras tomates ricos vénte a casa: entre outras, temos unha tomateira de máis de dous metros de altura.
e cómo saben, meu!

pd: somos granxeiros urbanitas, último modelo...

Anônimo disse...

por iso eu ultimamente opto case sempre por comprar tomate cherry... xa sei que é un sacrilexio, pero sabes cal vai ser o seu sabor... e ademais me encanta comelos coma se fosen uvas...

Anônimo disse...

son o bola extra... por que non se permite poñer o nome?

Desorde disse...

s.j.: é posible q vos asalte a tomateira, non mo tiñades en conta.
bola extra, nin idea, non sei cómo vai esto....
o tomate cherry é unha alternativa triste, pero alternativa. non é o mesmo.

anonima disse...

Sabes a virtud ou o defecto (según se mire)de comer moitos tomates?tema sumamente escabroso non tocado hasta ahora...Adiviña,a vidiña,ah divina...

Desorde disse...

... moi usado na industria do porno...