18.7.06

noite de calor (aldea)


os pes espidos, xanelas abertas. escoitanse varios cans ladrar, quizáis a un raposo, a unha rata, a un gato. escoito unha avenoiteira. na farola hai centos de insectos que un morcego atrapa. bebo auga do pozo e penso que estas noites gústanme moito e non entendo a quen non as disfruta.

4 comentários:

Anônimo disse...

Nunca vin un morcego.

oko disse...

meu pai quere soltar un grilo na horta, para que poida oílo cantar polas noites dende a fiestra

Anônimo disse...

hai que ter aldea e horta, hoxe merco tomates de ?verdade? e fago para comer tomate con xamón e pan con tomate, faiseme a boca auga? ;)

Anônimo disse...

en madrid non existen os insectos...