12.7.06

a nai de todos os botellóns

maxinen un teramacrogigabotellón que dura unha semana ao que acoden xentes de todas partes do mundo por centos de miles, 24 horas ao día, toneladas de lixo, xente durmindo nos parques, no chan ... sería unha toleada... pois non, existe e chámase San Fermín. sintoo pero non se me ocurre un xeito mellor de resumilo. así que se queredes facer un botellón necesitades dous aliados clave: a igrexa católica que vos proporcione un patrón e logo un publicista xenial como por exemplo Hemingway.
resultado: xenialidade absoluta. algo digno de vivir polo menos unha vez na vida. por suposto, a compaña foi clave.


Fotos: xente chuzándose, lixo e a versión de S. Fermín nun bar de ambiente: s. fermín con cabeza de barbie e unha barbie espida por riba con cabeza de deusa budista da fertilidade, por suposto a barbie cunha prenda vermella.

11 comentários:

besbe disse...

e non me diga que non vai ser quen de baixalas...

oko disse...

que sorte!!!!!!!

edu disse...

logo non eras ti o que ía en bicicleta a semana pasada pola estrada da coruña en dirección cara aló pasando sigüeiro, non?

Desorde disse...

besbelhinha: problemas cos infravermellos da cámara do móbil.
ohqtordv: non, non era eu!

Laurindinha disse...

Pois si que tes razón...

besbe disse...

infravermellos solucionado...e agora pregunta: e non enfermou nos sanfermíns?

Desorde disse...

pois non. salvo tortícolis por durmir nunha postura absurda e cansancio. o paracetamol axudou.

Anônimo disse...

jejeje

bicossss

Anônimo disse...

Alguén falou de posturas absurdas :D

Anônimo disse...

recórdame moito a Ortigueira... por que será? xDD

Desorde disse...

pero o fundamental é q:
non hai gaitas
non hai djembés
non hai dunas
e:
hai xente de toda caste e condicción
edade, etc
e hai touros e vaquillas.
suficinte? XD