f era unha rapaza moi fermosa. brutalmente tonta: confundía verbas entre sí constantemente, o seu vocabulario, pobre, a sua conversa igualmente pobre e aburrida, inda por riba errática, notábase claramente que non era capaz de estar concentrada nun tema máis de 60 segundos seguidos. naquel restaurante falaba coa boca chea e non controlaba o volume da sua voz.
a pesar delo atraía aos homes. seguramente pensaría que os atraía polo seu encanto ou algo así. e non, só era algo físico. a beleza atrae e pouco máis. fora así dende que era nena, por iso realmente non tivo necesidade ningunha de esforzarse o maís mínimo.
un día, un rapaz maxinouna ao cabo duns anos: aparecerían arrugas, as tetas caerían o cú medraría e perdería a sua tersura, o abdome frouxo. e o peor: esa expresión de bobería que agora pasaba por timiedez agravaríase co tempo. a xente deixaría de ser amable con ela e posiblemente non tivera recursos para reverter a situación. deulle unha pena fonda, sería unha rapaza desgraciada. pero de momento.
5 comentários:
esa é a esperanza que nos queda ás non-guapas. polo menos, a falta de cara bonita temos conversa...
(modestia aparte)
oia, señor desorde, iso que escribiu é propiamente a letra dun tango!
ai desorde, non subestime tanto á rapaza fermosa, ela ben sabe por que lle gusta ós homes. todas sabemos.
ai, que susto, pensei que coñecía a Ana Obregón, Igartiburu ou a un par de tías da miña clase! Un saúdo, botábao en falta
Hainas tamén feíñas e parvas e, como non, intelixentes e bonitas; incluso diría máis: intelixentes, bonitas e con conversa. (Aínda que xa me din conta que non pon vostede isto en dúbida, é só un engadido).
Postar um comentário