9.5.06

un día que tomei unha decisión

era unha soleada tarde de principios de verán, un fantástico día de praia. o venres pola noite saíra e os colegas combinaran para ir a praia o día seguinte. eu tiña que quedar na cidade para asistir a unha reunión moi seria e moi importante. o sábado erguinme (so) con resaca, ducheime e ainda con certo mareo cheguei á famosa xuntanza. mareos, personaxes aburridos e innecesarios pontificando e tratando temas banais como grandes decisións estratéxicas da ONU. miraba pola fiestra e non facía máis que pensar na praia, nos colegas, tranquilamente tumbados sobre a area, dormitando e soltando chorradas, logo tomarían uns chipiróns e uns pimentos de padrón antes de voltar, para ducharse e xa frescos retomar a noite.
pero o pior ainda estaba por vir: un fedor a pés espantoso chegábame de baixo da mesa, mareandome e impedíndome respirar; un compañeiro de organizazón levaba carpíns brancos sintéticos embutidos en zapatos negros tamén sintéticos. a temperatura ía polos 38ºC.
nese punto, decidín que aquelo non podía seguir así.

5 comentários:

Anônimo disse...

Ante tal escenario non se pode decidir...

Unha aperta.
:)

Madeleine disse...

e a decisión que tomou? queda para outra entrada do blog?
Eu compréndolle, teño unha tía desas que vexo ás veces que ten a manía de se descalzar nas comidas de familia. Unha pena, porque está todo tan rico...

Veloso disse...

Está claro que chega un momento na vida en que non queda máis remedio que tomar unha decisión. Agardamos coñecer a súa e a maneira en que se ven afectadas as grandes estratexias da ONU. Un saúdo.

oko disse...

coñezo un tipo con pinta de oso que tamén usa deso nos pés, e se estila nas reunións políticas dese tipo nas que se fala moito e non se di nada.
nunca está mal mudar de aires, polo menos, cara a onde cheire millor. boa decisión

Anônimo disse...

Ante o petróleo sintético, o procurarse uns bos ares é fundamental, pero gustaríame saber se lle avisaches do seu problema ou sufríchelo en silencio.
Un saúdo