12.5.06

Shangai


E(y) faloume da súa viaxe a China, e de Shangai, en concreto e do seu delta. días despois vexo unha película que se desenvolve maiormente en Shangai e que me gustou moito (código 46). hoxe coñecín a unha rapaza que se vai a Pekín. e penso, mentres escoito Tridecoder, que teño morriña de Shangai sen ter estado, que non somos nada e que me gustaría tomar un avión e aparecer nun sitio raro como Pekín. pero simplemente irei ver a Mercury Rev e todo seguirá parecido.

2 comentários:

Madeleine disse...

Os nietzchianos din que debemos facer da nosa vida algo fantástico, marabilloso, para poder reflectilo logo na nosa arte, no noso don. (na escrita no blog, por exemplo) E se a súa vida ten antollos, desexos, inquietudes, curiosidades, viaxes... a súa escrita seguirá sendo grande
Un bico

Anônimo disse...

Vaias onde vaias leva a maleta chea de poemas e sorrisos