como, por moito que nos pese a min e máis a m(e), os taladradores existen, fumme currar co portátil a un lugar con wifi desa (que funciona a ratos).
os camareiros do lugar son correctos. instálome nunha esquina onde hai un enchufe. dous días chega unha rapaza tamén co seu portátil; coñecía o lugar do enchufe e senta a carón meu un pouco contrariada pola miña monopolización do enchufe. é unha rapaza guapísima, loira, como de vinte e algo que é o que parece: unha estudante norteamericana. diría, polo seu xeito de vestir que é da costa leste, quizáis de Boston. tamén ten un pouco pinta de ser unha rica herdeira. o caso é que de pronto os camareiros deixan de ser correctos e convírtense en seres babeantes que pugnan por antendela, van onde a ela, fálanlle, sorríen, tratan de ser algo fascinantes (no fondo dos seus ollos noto un punto tristeiro porque saben que nunca van foder nin con ela nin con ningunha semellante). todo é un pouco noxento: ela sen inmutarse, cun sorristo tan tímido como ensaiado, manéxaos, cámbianlle o café de mesa cando me vou, sorrinlle máis, interésanse por ela, axúdanlle co cable do portátil.
os homes, as veces, damos auténtica pena. as veces, as mulleres, tamén. a tipa coñece o lugar do enchufe.
4 comentários:
este é un mal tan xeralizado...
cos camareiros do casino en particular -e cos homes en xeral- tamén pode acontecer o contrario: se miras un par de veces pra eles xa pensan que che gustan, e van de sobrados.
claro que non negarei que debe ser un mal da raza humana, e non só do home
o problema era que era loira (porque che gustan morenas), que requeria moi ben das atencións dos camareiros (porque ti tamén querías ser obxeto da pugna), que era probablemente de Boston (non che gustan nada as Bostonianas) ou porque controlaba o do enchufe?
mmm eu creo que fuches ao casino, onde hai por certo un camareiro moi moi guapo, con malas vibracións por culpa dos taladradores eses
mmmm, gustanme loiras, morenas e rubias... as bostonianas e mesmo galegas... manipula camareiros, eles non só se deixan senón que están encantados.
malas vibracións, é posible. pero non aguanto as manipulacións...
eu? simplemente non existía :)
Postar um comentário