16.5.06

experimentos coa verdade

a realidade sempre acaba por axustarse a uns parámetros bastante definidos. lamentablemente ou non, porque se non foran definidos non poderíamos crear modelos e faría tempo que estariamos extinguidos. pero hoxe non podo facer ningún tipo de prediccións: as rúas son perigosas porque hai xente nelas.
por moito que as veces queramos algo, non acaba de ocurrir (p., as veces é así), por moito que fagamos experimentos coa verdade.
coa verdade real
coa verdade imaxinaria podemos facer o que queiramos (non por imaxinaria é menos verdade), agora ben, existe unha verdade imaxinaria interpersoal e polo tanto mínimamente obxectivable?
todo isto requiere unha expricación (supoño): hoxe, a realidade, estame a amolar, prentendo que cambie pero nada, non cambia, así que decido amoldarme, neso ando. o único que sospeito é que a realidade non cambia porque hai unha forza máis poderosa ca miña actuando en senso oposto. ou se cadra todo é cousa do azar.

4 comentários:

Anônimo disse...

Jung describiu os arquetipos e a memoria colectiva, ultimamente Antonio Damasio entre outros, están teimudos en nos demostrar que a parte neuronal que se activa ante un acontecemento vivido ou soñado é a mesma.
Coido que non podemos modificar a realidade circundante de forma doadamente identificable, é preciso dar tempo ao tempo, porén se podemos influenciar a nosa particular forma de mirar, o efecto óptico resultante, é o de modificar a realidade.
Apertas

besbe disse...

A realidade non é tal, cada vez estou máis certo que é o que dicía Platón, que vemos as sombras das cousas e cada un interprétaas como lle da a gana.
E sen poder dar referencias coma sz, seica moito do que recordamos nunca pasou así, que nos inventamos moitas cousas (entón totalmente dacordo coa liña que sigue Antonio Damaso).
O mellor de todo, deixar que algunhas cousas pasen por nós que xa nos daremos conta que non todo era tan tremendo.

Incitatus disse...

ao contrario que besbellinha, eu creo que non se deben deixar pasar as cousas por nós sen inmutarnos. se non deixamos impresa a nosa ollada, que quedará de nós?
si existe -e se non existe, debera- unha realidade imaxianaria colectiva, algo así como a alma social. o caso é que fagamos coma se non existira. teña coidado cando está abstraído nestas reflexións. pode que a súa alma saia un rato a descansar e non poida volver a entrar no corpo

Madeleine disse...

Hoxe non era un día para andarmos con profundidades da testa: tiven un par de pesadelos que debo analizar, fun a unha clase soamente e comín na herba. Nada metafísico ;)