leo un libro dunha tal banana yoshimoto. a ver, que che poñan de nome banana sendo xaponesa é algo que debería estar penado polo tribunal penal internacional de La Haya (a faia?). o libro, bah, nada. se eres normaliña e xaponesa ao mellor leenche en galizia, se eres normaliña e galega, se cadra eres unha superventas local (e non linkeo nada inda que podería...).
releo uns cantos poemas que tiña pola mesilla de noite e sego a pensar que leopoldo mª panero é sobrecolledor. agora dubido se carver ou ford.
escoito detidamente os tres discos da triloxía neoyorkina de christina rosenvinge. é todo absolutamente irregular, cancións moi boas e outras terriblemente ñoñas e aburridas. gustáronme os violíns tipo tindersticks. pero é ela ao fin e o cabo: cando tiña 22 anos ou así vinna a carón do cortinglés de princesa en madrid. dende entón odio a ray loriga que inda por riba ten algún libro delicioso (cajondiola).
política autonómica: miro desorde: hai un ano había nervios, espectación, desexos, ilusión... hoxe xa só hai espacio para o noxo. non é que estea sorprendido, supoño que tiña que pasar. menos mal que nos queda borneo.
por último, logo destes días creo que a distancia é imprescindible para o coñecemento.
5 comentários:
sintoo pero non podo evitar recordarche eso ó que lle chaman libro que é "Tokio ya no nos quiere"... Tamén me precunto pq nas tres fotos del que aparecen no link q puxeches, sae EXACTAMENTE igual, sendo a única diferencia unha leve inclinación de cabeza... En fin, ao seu favor debo dicir que deberia estar nesa lista de cachondos que fixeches hai uns meses... bicos
que lle imos facer! ... eu falaba da súa chorva!
creo que ultimamente os teus post deberían titularse como esa "sobrecolledora"peli sobre os Panero:"El Desencanto"( e non é porque a Rosenvinge preferise a Ray...a pesar de ese encontro no corteningles jeje)
Eu vin a peli de Loriga na que Rosenvinge puso a banda de son: "La pistola de mi hermano"... e ben é certo que si me encantou aí a súa música (ela tamén actuaba), outras dela que teño baixado parécenme coma ti dis, moi ñoñas...
Tes idea de algún traballo dela no que se recolleran as cancións da peli?
... pois non teño nin idea. eu creo q non está publicada a bso
Postar um comentário