3.4.06

historias cativas de noxo estructural

cada un, cada unha, escollemos onde e con quen queremos estar, non? aplicamos o noso criterio e eleximos. por suposto, as veces equivocámonos (eu teñoo feito unhas cantas veces) porque as variables que interveñen son moitas e complexas; desbrozalas con tino depende da intelixencia, da experiencia, do criterio, etc. a ninguén lle gusta ter un ser deleznable por amigo, un ser capaz de facer dano ao que máis queres e a un mesmo. ou nesto, equívocome unha vez máis?
creo que me equivoco pero sorrío aliviado.

4 comentários:

Aultre Narai disse...

doulle a razón... o que pasa é que moitas veces o corazón non quere ver ou non sabe ver... ese é o problema

Anônimo disse...

A equivocación fainos ser humanos, por outro lado, di Pascal que ?O corazón ten razóns que a razón non comprende?
Saúdos

oko disse...

ás veces non tes un ser deleznable como amigo, e non che fai dano, pero aínda así non che compensa o que ofrece, non cres?

Desorde disse...

así é.
pero hai moito/a masoquista por aí adiante... ou descerebrado/a