2.4.06

cousas de homes

por fin fago cousas de homes: partido de fútbol aburrido na tv (inda que esto é redundante... ver dúas ducias de tipos correteando por un prado, e eu ata non fai moito non sabía o que era un fora de xogo), beber, comer pizzas e compartir algún chisteciño machista. menos mal que fumar axuda a que todo pareza menos raro.
logo: a historia do punk nun dvd estupendo. menos mal, o de ser tan home é raro. xa só me falta a caixa de ferramentas con taladro incluído.

4 comentários:

Madeleine disse...

Recentemente paseime ó tabaco de liar, síntome menos culpable mentres intento construír un pitillo (que me salen daquela maneira...) Polo de máis, proba a esbirrar de cando en vez, dín que a cousa é moi viril...

Aultre Narai disse...

ui, con iso do taladro saen chistes moi... típicos. xD

Desorde disse...

:) o taladro sí que é un rollo viril, non?
verei as ofertas de blacak&decker inda que non sei para que quero un taladro.

Anônimo disse...

o máis masculino seica é o de berrarlle cousas ás tipas pola rúa e mais pasearse por bricoking ou semellantes con cara de entendido.
a min o primeiro paréceme do máis noxento, e o segundo do máis gracioso...