17.4.06

algo de vertixe

curiosamente, e logo de equivocarme uns centos de veces, en ocasións de forma estrepitosa, outras de xeito certamente doroso, as veces con indiferencia, comezo a ter un certo vértixe en equivocarme coa xente: quén escollo para achegar e quen escollo para alonxar. moi moi curioso.
penseino hoxe logo de xantar cun cargo político inda que xa levo meses pensando nelo. a ver se agora vou ter que comezar a dubidar (de min, da miña intuición, experiencia, etc). se cadra ata é bo.
polo demáis: vacacións pracenteiras, urbás, etc. e sei que non me gusta discutir

6 comentários:

Anônimo disse...

Polo todo en corentena paréceme mentalmente hixiénico, en canto a discutir, penso que se afasta do dialogo.

Unha aperta

Aultre Narai disse...

ás veces as apariencias enganan, mais só ao principio, despois, cando o instinto e a intuición teñen máis terreo gañado é cando funcionan sen marxe de erro.

dubidar non é tan malo, significa que non estamos estancados.

no meu caso, fuxir das discusións non me fai ningún ben pq despois "iso" fica dentro de min e acaba saíndo sen permiso e con rabia e rancor acumulados.

Anônimo disse...

Leo este blog dende hai semanas.
intúo que tes que ser tan interesante como o teu blog, ou me equivoco?
bicos

Madeleine disse...

Ese é mal de moit@s. Eu sempre me equivoco coa xente, vou ao norte cando queren que baixe ao sur e digo leste cando é oeste. Creo que é xenético.
En canto ao vértigo, precisamente levo moitos días pensando nel, e na obsesión... e en Hitchcok

llll disse...

supoño que as escollas nunca son malas ou boas. simplemente escollas. como tal, evolucionan, rachan, xorden outras novas. é pura e simple adaptación ó medio. nada máis.

Desorde disse...

sempre estamos a tomar decisións, incluso cando non tomamos ningunha (para aultre narai), e as decisións poden ser acertadas ou non (sara) e tamén os demáis equivócanse (madeleine)... é todo moi complicado.
a outra? (?!)... :-)