1.2.06

historia dunha paisaxe

Esta é unha historia dunha paisaxe.
Cóntase que uns homiños trazaron un camiño para que os turistas chegaran á paisaxe. E así foi: todos acadárona e todos saíron confundidos porque non estaba.
Só co tempo, un estranxeiro concluíu que a paisaxe só existe cando se mira de lonxe. Alguén tería que ter dado a orde de pechar a pista pero ninguén se atreveu: un camiño abre tamén novos dereitos de paso.
Cheguei alí por puro azar, supoño, e comecei a recoller fragmentos daquela paisaxe co fin de pegalos e ver se en algo poderían lembrar ó conxunto. Pero unha paisaxe é algo moi persoal e a cola que empreguei non eran senón fragmentos meus que tiña que ir arrincándome con paciencia e con convicción.
O resultado aquí volo expoño, xunto co proceso de reconstrucción seguido. Non sei qué paisaxe veredes. Pero lembrade, non consintades que abran pistas nas paisaxes.
DERRAMEI PEGAMENTO SOBRE ALGÚN FRAGMENTO. ERA DIFÍCIL LIMPALO E DECIDÍN CRER QUE ERA UNHA LICENCIA ARTÍSTICA.
REUNÍN OS FRAGMENTOS RIBA DA MIÑA MESA DE TRABALLO. A CARÓN, ABRÍN OS TARROS DA COLA: ULÍA A MIN E AS VECES ESTE CHEIRO MAREÁBAME, OUTRAS CASE ME GUSTABA.

Um comentário:

Laurindinha disse...

Que razón tes co de que a paisaxe só se pode desfrutar de lonxe...