8.1.06

qué/quén é Desorde

Como cando iniciei Desorde, non tiña nin idea de blos, decátome que escollín o mesmo nome para identificar o meu blo e a min mesmo; xeralmente os bloggers teñen un nome para o seu blo e unha identidade concreta. Eu non. Así que asáltanme moitas dúbidas: son eu o meu blo? é o meu blo eu mesmo? se alguén fai un comentario quédame tatuado na pel? a cada post que poño gaño 100 gramos? teño links no meu corpo? necesito un password para entrarme a min mesmo? pódolle dar o password a quen queira que (me) entre? están expostos os meus pensamentos ao público? tal nivel de identificación entre blo e usuario ten algo que ver con algún misterio relixioso? se eu bebo, di (máis) tonterías o blo? ..............
... massive attack, tortoise, the housemartins, christina rosenvinge, mercan dede, the verve, coldplay, radiohead.... traballo, entrecosto de boi, noite, episodio surrealista que algún día contarei e algunha película absurda... eso é Desorde

3 comentários:

llll disse...

fas tódalas preguntas pero, ti qué cres?

Desorde disse...

creo q a clave sempre son as preguntas q facemos ou nos facemos. creo q as respostas importan menos.
agardo a que cheguen, tranquilamente.

Anônimo disse...

Dalgún xeito preguntando taste identificando coa pregunta; en tódalas manifestacións delatámonos dunha maneira ou doutra, eleximos, opinamos é o noso posicionamento queda á vista. Desorde é unha alternativa máis, neste caso a túa.
Un beijo desordeado.
;)