14.1.06

Perigo!: comunicación (desorde)

Saio e sono que saio: redundante.
Escribo un novo artigo e un superfacha concorda ao 95%: surrealista.
Escribo un novo artigo e unha persoa discrepa, explícase e di o mesmo ca min: insólito
esto faime dubidar da xente: a comunicación é un perigo, dis algo e é interpretado radicalmente ao revés, realmente sabemos leer? leemos o que queremos ler? é posible que ao mellor unha simple verba dispare un extrano mecanismo que nos da a clave (correcta ou incorrecta) dun texto? non o entendo moi ben, pero é un perigo.
A incomunicación tamén é outro perigo. Neste caso tería sido máis cómoda: paradoxo.

3 comentários:

Laurindinha disse...

O artigo do superfacha parece escrito o Día dos Santos Inocentes... Resúltame moi cómico!

Anônimo disse...

haha, qué bo, cóntoche:

resulta que leo o teu último na rede e vexo que Superfacha comenta que se trata dun artigo excelente, dígome para min: este Superfacha... como se lle vai a pinza, debe ser un tipo realmente transtornado, por comentarios dunha e doutra índole que lle teño lido aquí e acolá... entón paso por aquí e vexo que ti compartes a sorpresa, pois si, non me estrana.

por certo, onte vin Caché, finalmente, e si, ben, sendo de Haneke era imposible atoparse cun bodrio, pero... non sei, quedoume coma un... non sei, coma un aquel, un resquemor, que se di, coma se non estivese de todo conseguida... o tipo é impresionantemente cruel, mostrou o desquicie de Austria n'A Pianista e aquí (pretendía) a débeda de Francia... para o meu gusto quedou nunha pretensión, ainda que creo ver a súa vontade e gústame.
A sorpresa do 05, e ben cara a fin do ano, foi Woody, reconcilieime con Woody, penso que demostrou que realmente sabe facer unha peli enorme, boa, redonda. víchela?

bcs, x.!

Desorde disse...

o do Superfacha é un descojone...inda que o outro (o artigo está publicado en dous sitios, Vd. sabe) é se cadra máis delirante e tamén un pouco triste.
Caché é xenial, pero entra lentamente, deixe que xurdan os efectos secundarios. Woody está ben inda cando está mal, e na última peli está moi ben; debeu de estar lendo algo de Auster...
bicos, O.!