29.1.06

o das teimas (ou manías, depende)

Dende o orballo eléctrónico son convidado a escribir sobre as miñas teimas (ou manías). Teño que escoller 5. Non me molan estes rollos en cadea pero descúbrome reflexionando sobre o tema e chego a algunha conclusión que me situa en mal lugar: primeiro penso que non teño ningunha; logo doume conta de que 5 non me chega a nada. Trato de agrupalas sistemáticamente por familias, xéneros e especies (deformación profesional). A ver.
1. teima á xente sen senso do humor e/ou intelixencia e/ou bondade (creo que son equivalentes). arrepíanme as miradas vacunas.
2. teima ás charlas superficiais e as charlas profundas.
3. non perder nunca nada (a excepción do tempo, a saude, os cartos, a paciencia...).
4. teima aos bares onde poñen música que me desagrada: póñome nervioso.
5. rexistrar mentalmente, constantemente e de xeito automático todas as aves que están o meu alcance visual e/ou auditivo.
Podería engadir que teño a teima de xogar a adiviñar todas as características e detalles dos cús das mulleres (só dalgúns, claro, senón sería insoportable). E creo q podería engadir que lle teño teima aos ronquidos e a que me verren porque póñenme nervioso e sácanme de min (desorde extremo).

2 comentários:

Anônimo disse...

aí, aí, x., q acertado o das miradas vacunas. divertidas as súas teimas... propias dun ser analítico e eses non están lonxe da esquizofrenia.
pero, quén o esta, q diría o outro.

biquiños, x. teño gripe

Desorde disse...

estimada O., agardo estar realmente lonxe da esquizofrenia, polo menos todo o lonxe que me permita a miña condición de galego.... pero esa é outra historia. coidese Vd esa gripe e das miradas vacunas. bicos.