31.1.06

logo do...

logo do máis crú do crú inverno: LaCoru ( o lacuruña, depende)
  1. visito algún fito xeográfico sentimental. non por nada, é porque todo queda polo centro e tarde ou cedo acabo pasando por alí.
  2. entre os fitos, a librería porque me queda tempo e non sei xa como gastar cartos. reviso novedades por inercia e atopo unha sorpresa: unha novela asinada por Nick Cave: and the ass saw the angel. quedo totalmente sorprendido e engádoa á cesta da compra. non está mal que a traduciran ao español 16 anos despois... suministrarei opinión cando a teña .... ben, gastei 53 euros en menos de 10 minutos ;-)
  3. por máis que pasee por isa aldea pretenciosa sempre quedo asombrado da cantidade de pijas (e pijos) que pululan coas suas aburridas caras e pretensións pequeno burguesas. é o que ten a mediocracia.
  4. vou a un paripé. quedo asombrado por esta muller. agardaba algo bo, pero non tan bo. e inda por riba ten pinta de crerse o que di. ademáis dispara perdigón de gran calibre con precisión e elegancia, discretamente, irónicamente, sen perder o sorriso. o primeiro e triste teniente de alcalde de la Coru está desangrándose polo chan... polo demáis nada de nada. máis do mesmo, salvo que como me sobraban balas tamén disparei algunhas, no meu caso sarcásticamente.

chorradas curuñesas aparte: se tomo a decisión de non tomar ningunha decisión, qué cona fixen? (ortega sempre fodendo).

Nenhum comentário: