- Mirou por última vez como o coche se alonxaba. Na roupa, ainda levaba prendido o seu arrecendo.
- Mirou por última vez como o coche se alonxaba. Na roupa, ainda levaba prendido o seu cheiro.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Desorde:. 1. Confusión e alteración da orde. 2. m. Perturbación da orde e disciplina dun grupo, dunha reunión, dunha comunidade de persoas. Vivo nun país desordenado. Teño un escritorio ordeadamente desordenado. Só vexo xente desordeada. ¿Qué puedo hacer si no puedo hacer nada? Para acabar con algo que no acaba
11 comentários:
arrecendo, home, poñámonos románticos ou pensaremos que el acaba de deixala na porta da casa despois de traela desde o Furacán.
muamua.
contesteiche no post dos meus animais preferidos.
cheiro
O primeiro. (A estética é a miña debilidade...)
mmmm, O. free your mind: asumes que o q conduce é un home e a q mira unha muller... por qué?
Non escollo. Conte os dous...
:)
Sara: por?
Pícara: xa están contados: contos de 17 verbas....
por que? pois porque xa abundan demasiado as historias nas que o bo olor da persoa que desaparece queda impregnado no corpo. a típica historia na que non te lavas en todo o día para sentir que el/ela inda se roza contra o teu corpo.
pero tamén, tamén estaría ben a outra sensación. a da persoa que desaparece deixando tras de si un cheiro (no sentido máis negativo da palabra) unha persoa cun olor tan intenso que ninguén pode sorpotalo. un home/ muller fermoso/a que, a pesar da súa beleza e intelixencia, por causa dese motivo non ten nunca unha relación duradeira. eu enfocaría a historia por aí, postos a elixir.
lauridinha, a estética das cousas tamén se atopa na súa decadencia. só tes que ver unha película como Hapiness, e entenderás por qué cho digo. ou ler a Bukowski. a estética non se constrúe con imaxes tipicamente belas, senón con estructura e contido coherente.
;-)
en fin, eu bromeaba, era todo unha grande ironía, tamén por iso daba por suposto que era el quen conducía e quen deixaba tiradA á rapaza que interpretaba o olor do seu venerado, arrecendía.
en todo caso, a min que me gustan 4x4 tirando a trasnoitados e sen afeitar, agradézolles a ducha. e o arrecendo.
estimada O.: Vd. sempre foi por diante. ;-)
Postar um comentário