17.12.05

panos de papel con debuxos chorras

Tiña a costume de pintar frores e chorradas nos panos de papel mentres tomaba cafés con leite. Ela, servíao e cobráballe. E observábao. Un día comezou a recoller os seu panos cos debuxos chorras, cando tivo moitos pegounos nunha parede branca. Alguén decidiu que era arte e contemporánea. + info, aquí.

2 comentários:

llll disse...

a min gustoume a exposición de Jim Hodges dos panos de papel.

eu son esa camareira que vai recollendo anacos perdidos de follas soltas que algunha xente deixa. ó chegar a casa, reconstrúoos e invento historias das cousas que puideron ser...

Desorde disse...

así q eras ti a camareira... ;-)