18.11.05

Teoría do Pensamento Anterior

Antes de nada dúas consignas:
O Pensamento Anterior é posibel.
Super a favor do Pensamiento Anterior.
Ben, o PENSAMENTO ANTERIOR (en adiente PA) é un novo sistema filosófico, se ben a o concepto filosófico quédase curto dada a amplitude e posiblididades do novo sistema. Digamos que o PA é un SISTEMA que parte dunha cosmovisión e non se lle coñecen límites.
Ata o de agora os sistemas (sistemiñas, en realidade) previos, especialmente os baseados en relixións monoteístas tiñan no pecado un dos seus vértices, por non decir, o vértice, e logo viña todo o que xira en torno á el, é dicir, culpa e arrepentimento. Así, posteriormente, grandes e pequenos pensadores trataron de superar esta sistemiña trantando de eliminar ou ignorar o pecado, o cal creou non poucas tensións en millóns de persoas ao longo de todo o mundo, tensións que se reflicten na perda de valores, referencias, coordenadas vitais, parámetros filosóficos, culturais, éticos, etc
PA en realidade recupera a idea de pecado, culpa e arrepentimento, recupera incluso a autoflaxelación, o autoodio e o autocastigo. O pecado segue a ser un vértice fundamental das nosas vidas, tal e como pode selo por exemplo o ADN, a columna vertebral ou a inxesta regular de proteínas. PA absorve o pecado e utilízao non como un elemento castrador e autodesctructivo senón como unha fonte de inspiración, crecemento e superación, ao tempo que da todo aquelo que necesitan homes e mulleres modernos: serenidade.
PA non incita tampouco a cometer pecados pero parte da base empírica de que o pecado, antes ou despois acabase producindo, acabamos cedendo. Logo, de xeito clásico, tiña que vir, a culpa, o arrepentimento, cuestión secundarias como trauma e bloqueo para, se cadra e con sorte, producirse unha especie de renacemento que, non nos inganemos, é ficticio porque unha vez que se estuvo alí quérese voltar.
Así que en PA alíase co pecado e invirte o desenvolvemento temporal da secuencia: primeiro ven a culpa e o arrepentimento logo o pecado. Unha vez cometido este o individuo, e por ende a sociedade, pode vivir tranquila e evitar o bloqueo e os falsos renacimentos.
Poñamos un exemplo: mañán hai que currar e digamos EBOCA chama para sair de noite, ben, primiro arrepentímonos, fustigámonos, decimos que non pode ser, que xa está ben, etc etc facemos fé de enmenda, etc logo, tranquilamente saimos, disfrutamos da noite e de todo o seu microuniverso de praceres. Unha vez finalizado este proceso, erguémonos e ben, sí, é tarde e todo iso, pero como xa non temos nin culpa nin arrepentimento, estamos frescos, lixeiros, co cal podemos poñernos a traballar ou facer o que queiramos sen esa mochila de chumbo que os sistemiñas anteriores púñannos nos ombreiros.
Pénseo. Pénseo detidamente. Pense en media ducia de exemplos autoaplicados que lle atormentan. PA é o SISTEMA.
Sí, parece obvio. Estaba ahí, pero fumos nos os que tivemos que atopar este novo universo. Unha nova era está a chegar. Únete a ela.

Nenhum comentário: