De noviño tiña unha costume: cada pouco recombinaba os elementos que compuñan o meu cuarto, a miña casa... supoño que non me atopaba e iste xesto era un xeito de expresar vontade de cambio e un recoñecemento de malestar, claro. Facía anos que non me daba por ahí. Levo dous días coa recombinación do lugar de traballo e ben, non lembraba o satisfactorio que era.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
4 comentários:
vaia, pois eu levo unha semana sen parar de cambiar as cousas de sitio e de pensar en cambialas... a miña compañeira de piso dixo iso, que de cativa lle daba moito por aí. pois a min de cativa non, pero agora si.
que xa non somos tan cativos (uns aínda máis que outras :P)
bks!
quería dicir, uns aínda menos (cativos) ca outras.
qué sono tan enorme. voulle ler un pouco o chiringuito por aquí e mimir.
boa noite!
aaah! (despois de lerlle o chiringo e de rir moito cun señor que ten un blog que se chama o ollo da vaca) foi ver Caché?? a min escapouseme e tíñalle moitas esperanzas postas, sabe? o Haneke é enorme, levou ao cine A Pianista dunha maneira insuperable, para min. así que nada, esperarei polo emule, ou algo.
pero a que non foi ver foi a mexicana, que lle dixen que quizais lle interesaría ben, Batalla no Ceo.
biquiños, boa noite.
Estimada O. Efectivamente sempre hai alguén máis (e menos) cativo/a.
Vin Batalla no ceo é fixen un comentario en 'Disorder up-date'.... sen máis comentarios
Bicos
Postar um comentário