Saio a dar un paseo matutino por Compostela e crúzome con 4 persoas -tres mulleres e un home- todos máis ou menos da miña idade que avanzan falando sos; ademáis semella que teñen un interlocutor que moi interesados, vainos escoitando....
Quedo pensando un rato nelo; supoño que todos temos diálogos internos... cándo e por qué alguén pasa a telos figuradamente reais?. 3 mulleres/1 home... será significativo?
Logo....
Chámame a miña irmá maior entre divertida e triste: nunha reunión de médicos a súa amiga MA dille que nese 'mundillo' está considerada 'rara'. Busca unha opinión supercualificada do seu irmao pequeno; dígolle que eso está moi ben, porque está nun ambiente do máis vulgar, así que os raros son os outros pero en cutre. Ao final todo parece reducirse a un pequeno xogo de adxetivacións.
Comecei a miña primeira clase (de inglés) dende hai moito. Saio entusiasmado porque resulta excelente. O profesor parece moi moi competente: pon o punto xusto de ánimo e dificultade para avanzar.
G. chega a Río de Janeiro. Sinto nostalxia da luz e o ánimo de Brasil, sinto saudades da vitalidade brasileira, do seu entusiasmo a pesares de todo.
Pincho The Kills e a PJ Harvey & Jonh Parish. Sego a ler o mamotreto e sego un pouco insatisfeito porque o artigo prometido non me acaba de sair.
Ah! e lembro que Jesús estivo 40 días no deserto; voulle batir o record!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário