- Kilómetros: 2520
- Días: 7
- Consumo de pelas: desorbitado.
- Consumo de gasoil: desorbitado.
- Motivo real: voda do meu primo en Huelva...
- Motivo ideal: ver aos colegas de Doñana, estar en Doñana, ver paxaros en Doñana, estar en Andalucía, ver paisaxes bonitas, mercar aceite bon, cruzar Extremadura, ver á colega de Extremadura, observar aves en Monfragüe...
- Resultado: Satisfactorio
- Puntos destacados: moitos inda que non hai ningunha forma coñecida ou recoñecida de práctica sexual.
- Puntos negativos: o luns, en medio da Reserva, chámanme da empresa; non podo non facer un traballo que comeza forzosamente esta semana, así que programo estar o xoves 27 en Ourense, entre Verín e Xinzo. Fágoo, pero é unha paliza e un stress, menos mal que tamén se cobrará algo...
- Ida: O Corgo, Benavente, Zamora, Salamanca, Béjar, Cáceres, Mérida, Almendralejo, Sevilla, Huelva. 11 horas, 913 km... acompañado de irmás. Vexo 9 touros de Osborne.
- Estáncia.
- Voda: no medio da voda observando ao meu primo penso que o que nos fai felices, ou infelices, de coñecer persoas non é a persoa en sí senón o universo que nos abre (ou nos pecha). Acabo nun lugar infame chamado Pachito, franquicia de Pachá de Ibiza... lamentable. Confirmo que a miña familia (primos, etc) e máis eu vivimos en universos cercanos, paralelos pero cun campo de forza intermedio que nos impide intercambios varios. Pero non pasa nada.
- Colegas de alá: ben, o neno de J(o) é igual a él. A muller, ben gracias. O caso é que retomo un pequeno máster en ecoloxía, paxaros e actualidade científica. Impagable.
- Doñana: seca. Pero vexo de todo incluíndo a águia imperial. Subidón, unha vez máis.
- Banda Sonora da Viaxe (BSV): Los Planetas, Rinocerose, Sonic Youth, Madrugada, PJ Harvey, Nick Cave, Jeff Buckley, Sigur Ross, Nadadora, Mercromina, Housemartins, Tindersticks, Saint Etienne, etc (hai cousas que non cambian moito).
Cervexa, pescaíto frito, aceitunas, puntillitas, gambas....
- Regreso: Bollullos de la Mitación, Sevilla, Mérida (stop, dunha noite alcohólica e divertida con M(m)). Continúamos, M(m) e máis eu. Monfragüe!! sempre xenial, atópome cun tío que me lembra da SEO, increíble. Contínuamos ata León: cea cos colegas (con casi todos, que outros que teñen unha pequena teñen (tes) que marchar. Moi divertido.
- Madrugón: León-Verín. Xinzo. Mal tempo. Traballo aburrido. Tedio.
- Xa estou no Corgo. Menos mal. A medida que me achego, Compostela chámame en forma de chamada ou mensaxe.... Voltarei.
Nenhum comentário:
Postar um comentário