31.8.05

Tokio Blues

Rematei Tokio Blues de Haruki Murakami. O título orixinal é Norwegian Wood (unha canción dos Beatles) e o primeiro que non entendo é porqué lle mudaron o título para o castelán, nin idea, pero paréceme bastante tonto.
Lera unha crónica na que se decía que era feble e unha novela 'adolescente'. Obviamente pode parecer adolescente, porén conmoveume porque ten todo o que importa precisamente da adolescencia, é dicir, todo o proceso de aprendizaxe e cambio que supón. Tamén supoño que me conmoveu algún tema que se deixa ver de fondo: a fascinación polo valeiro, a indecisión e o descubrimento (revelación) da ledicia ou o fin do medo a ser feliz. O final cada un xulga as novelas (e as pelis e todo) polo que poidan ter de persoal. Así que, sen ser unha novela excepcional, conmoveume, como o fixeron ás referencias que contén á Montaña Máxica de Mann.
De todos xeitos hai dúas cagadas tremendas: Tokio, 1969/70; que eu saiba nin alí, daquela, había CDs nin fundas con puntillitas para móbiles. Non?

2 comentários:

Anônimo disse...

Aínda non lin "Tokyo Blues", pero lera "Sputnik, meu amor" e gustárame moito.
Vin que uns días atrás falabas de "Mr. Vértigo", tamén Auster está entre os meus favoritos.

Saúdos, seguirei pendente da túa desorde.

Desorde disse...

Graciñas. Auster é xa un fetiche...