20.6.05

Gañamos 2.0 (qué si!)

E vai G. e fai unha atinada análise galaica: non se sabe se subimos ou baixamos, se gañamos ou perdemos.
e a pregunta de perdemos? podemos contestar depende
e a pregunta de gañamos? podemos contestar depende

Celebreino. Non ía ser menos. Logo de meter a pata fondamente con media lista de números grabados no móbil dando por certas a merda de enquisas que soltaron, non quixen menos que beber e rirme. A min unha mala enquisa non me arruína unha noite histórica.
Na Quintana había pouca xente e moitas caras longas: Error!
O que non lle podemos perdoar nin a Fraga nin o PP é todos estes anos de caras longas, ese roubar a ledicia constantemente, ese ter que ocuparnos de non ser un país normal, ese puto estado de excepción interno que levamos intalado de serie.

E no fondo é como co Celta: podemos celebralo dúas veces.

E o Celta é como a TRANSICIÓN en Galizia: parecía que ía xa no 76 e non, inda tivemos que agardar ao 05. Somos lentos. Pero constantes. Xa o dicían Champman y Buck: 'el gallego es trabajador, lento pero industrioso'.

Nenhum comentário: