22.1.13

B

Xamais coñecín a ninguén honrado do PP.
Coñecín a milintantes de base,
simples votantes,
cargos políticos locais,
cargos medios, 
altos cargos.
Ningún, absolutamente ningún, era honrado. Todos invariablemente estaban/votaban por beneficio propio, sen pensar nunca no ben colectivo. Por suposto, os cargos, falaban de sacrificio, de servizo público, etc. con  unha convicción que nin tan siquiera se esforzaban por facela críble. ("yo qué necesidad tendría de estar en este puesto. Si tengo mi puesto de funcionario a 5 minutos andando desde mi casa"). 

Agora que parece evidente (que debera parecer evidente) para todo o mundo que os sobres negros circulan, que o auténtico leitmotiv do seu sacrificio é o beneficio persoal a curto prazo, hai quen está sorprendido. Por suposto hai que non está sorprendido senón con envexa de non ter sido el un dos do sobre negro.


B


Por suposto, non quero dicir que non existan os honrados. Só que eu non os coñecín. Que os estatísticos se pronuncien sobre a significación. 

Um comentário:

mailconraul disse...

Un "honrado" sería como un rato nun niño de víboras.