Mostrando postagens com marcador Conversas en Desorde. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Conversas en Desorde. Mostrar todas as postagens

2.5.11

Chamar a

Dixénlle, por qué non chamas a B e de paso...?
El dixo, ah! pois si!
E nas nubes abriuse un raio de sol que lle deu de pleno na cabeza (xa cuberta de canas).



14.9.10

Algunhas conclusións

Non se pode entender a quen non se entende. Non se debe intentalo.
Pode que haxa moitos matices de gris. Pero co branco/negro perdes menos tempo.
Exemplo. Non palabra. Feitos. Experiencia.
Todo é sinxelo (ou pode ser). Basta concentrarse en ser feliz.
Os toboganes están ben para os nenos, os adolescentes, os inmaduros e os parques de atraccións.
As perdas son ganancias.




28.1.10

Análise lapidaria

O escenario foi unha cafetería de estrada non lonxe da aldea do meu pai, no interior de Lugo. Un deses lugares que nas cidades supoñen que existen. E si, existen. Foi durante o almorzo (café con leite grande e un cruasán bañado en manteiga).
Un paisano le un xornal e di xa están os do bloque armando.
Silencio
Outro paisano di é o que lles vai.
Silencio
O primeiro paisano di cando estiveron no goberno non mandaron nada e aora volven armar
Silencio
Armar é o que saben.

O auténtico achegamento ao conxunto da sociedade (galega) non pasaba por facer unha política populista claramente dereitosa senón por exercer o discurso que algún día tiveron con autoridade. E é aquí a verba clave, autoridade. Efectivamente o galego ten (ou temos, quizáis) unha fascinación atávica, ou polo menos eso creo, hacia á autoridade. De aquí tamén chego a reflexión de M(s) "a máis nacionalista, menos galego".
Poderían dicir que tomén nota pero non é necesario, non a van tomar nunca e, con toda probabilidade, inda que a tomaran non van a ter xamais unha posibilidade de exercela.


4.9.09

Hormonas

- Pues mi hija.... este curso suspendió varias. la metí en el (colegio privado).... es una edad muy complicada, tiene 13 pero claro aparenta mucho más. Está fascinada con su cuerpo, que si el vaquero me queda tan bien, que mira que me pongo. Claro de coco son unas crías. Es todo hormonas. El ser humano no está preparado para esto. Con ese nivel de hormonas para lo que está pensado es para que venga un tío, se las calce, ahí ya se quedan preñadas, cambian las hormonas y todo ya vuelve a su cauce. No es natural aguantar el tirón de estos años con las hormonas así.
- ...

/hai funcionarios que teñen un pensamento científico-analítico desarmante. Menos mal que falaba da súa filla/

29.6.09

Catedral

-... está fatal: toda llena como de musgos, no?. Cuando vas a Barcelona, a la Sagrada Familia, está toda limpia. Se ve que no la limpian.
-... (silencio)

11.5.09

lo del medio ambiente

- ...
- es que desde lo del medio ambiente no dejan hacer frenos con amianto, luego las pastillas se estropean bastante. Pero no sólo en esta marca, eh!?
- ah.

22.8.08

23.7.07

Máis?

- E para qué queres gañar máis cartos se xa follas todo o que queres gratis?
-
.

2.7.07

Conversas en desorde

D.- ...
Brasilian Girl.- E o da ETA? cómo vai?
D.- Pois bueno, nada, o de sempre, catro subnormais dos que se aproveita a dereita e algúns medios de comunicación, .... etc blablabla
Brasilian Girl.- E a ETA apoia a Zapatero, n´ê?
D.- mmm, non...

15.6.07

Sra. de la casa + ácaros!!

- buenos días, es el 98xxxxxx
- si, bos días
- Mi nombre es Raquel, podría hablar con la SEÑORA DE LA CASA?
- mmmmm, non. Non hai "señora de la casa"
- Bien con quién podría hablar?
- Parézoche eu ben?
- Si, es Vd el Señor de la casa?
- Si, tamén o que limpa e todo iso. A vosa estratexia comercial é lamentable: sodes uns machistas.
- Verá, preguntamos por la Sra. de la Casa porque nos resulta más fácil de convencer que la marido..............................
- É dicir, uns machistas
- ....
- .....
- Queríamos presentarle nuestro producto nonseiquéblablabla, é dicir, unha aspiradora, que elimina TODOS los ácaros...
- Todos los ácaros? impresionante!, de ónde? do mundo? da casa?
- Bueno, elimina todos los ácaros
- Raquel, mira, cóntalle a outro que non sexa biólogo que elimina TODOS los ácaros.
-....
- Non me interesa nin o voso producto nin a vosa estratexia comercial.
-....