Os blogs morreron
Los blogs murieron
Blogs died
Les blogs sont morts
توفي بلوق
Els blocs van morir
Bloglar öldü
Blogs hil
Blogit kuollut
部落格死亡
Blogs έχασαν τη ζωή τους
Blogg lést
Blogs overleden
ブログは死んだ
وبلاگ ها درگذشت
I blog sono morti
Блоги умер
Blogs starb
19.2.13
22.1.13
B
Xamais coñecín a ninguén honrado do PP.
Coñecín a milintantes de base,
simples votantes,
cargos políticos locais,
cargos medios,
altos cargos.
Ningún, absolutamente ningún, era honrado. Todos invariablemente estaban/votaban por beneficio propio, sen pensar nunca no ben colectivo. Por suposto, os cargos, falaban de sacrificio, de servizo público, etc. con unha convicción que nin tan siquiera se esforzaban por facela críble. ("yo qué necesidad tendría de estar en este puesto. Si tengo mi puesto de funcionario a 5 minutos andando desde mi casa").
Agora que parece evidente (que debera parecer evidente) para todo o mundo que os sobres negros circulan, que o auténtico leitmotiv do seu sacrificio é o beneficio persoal a curto prazo, hai quen está sorprendido. Por suposto hai que non está sorprendido senón con envexa de non ter sido el un dos do sobre negro.
B
Por suposto, non quero dicir que non existan os honrados. Só que eu non os coñecín. Que os estatísticos se pronuncien sobre a significación.
28.12.12
Inocentes
Cada vez que teña ocasión de estafar, estafarei,
facturarei en negro todo canto poida,
evitarei por todos os medios pagar impostos, directos ou indirectos
pensarei só en min mesmo e nada no ben colectivo,
seguirei o impulso do goberno: mellorarei a economía sumerxida
tratarei de estafar á seguridade social, ao inem e a todo dios
escaquereime das miñas obrigas como sexa
defraudarei a facenda
aprenderei trucos, malabarismos e artimañas que me permitan saírme coa miña
Por qué?
porque xa me fartei de ser honrado e de que o Estado, ao que coidei cos meus impostos, traballo e bo facer me dea polo cú, inda por riba, no día dos santos inocentes.
facturarei en negro todo canto poida,
evitarei por todos os medios pagar impostos, directos ou indirectos
pensarei só en min mesmo e nada no ben colectivo,
seguirei o impulso do goberno: mellorarei a economía sumerxida
tratarei de estafar á seguridade social, ao inem e a todo dios
escaquereime das miñas obrigas como sexa
defraudarei a facenda
aprenderei trucos, malabarismos e artimañas que me permitan saírme coa miña
Por qué?
porque xa me fartei de ser honrado e de que o Estado, ao que coidei cos meus impostos, traballo e bo facer me dea polo cú, inda por riba, no día dos santos inocentes.
5.9.12
Venganza
As veces soño cunha sofisticada venganza.
Soño con que o deus dos que impiden aos inmigrantes sen papeis ter acceso á sanidade pública existe.
Soño con que os colle a todos e os fai arder nun inferno de enfermedades ata o fin dos días. Nese soño está, por suposto, todo o stablisment da igrexa católica española, dende Rouco Varela ata a última vella mojigata da última igrexa deste país.
Eles non teñen medo do meu soño, da miña ansia de venganza, polo que negan, sen máis, a existencia do deus das súas obsesións: son os auténticos ateos.
28.8.12
19.7.12
Dictadura (s)
Nacín en 1969. Vivín 9 anos nunha dictadura.
Vivo en 2012. Vexo o inicio doutra dictadura.
34 anos de intermedio
Vivo en 2012. Vexo o inicio doutra dictadura.
34 anos de intermedio
28.6.12
Guerra unilateral á creatividade
Creo que hai unha corrente dictatorial que fala pero da que non se fala e que non deixa falar.
Abrumados pola "crise", en realidade, abrumados pola pobreza de boa parte da poboación e a guerra unilateral, sobrepasados pola información sobre economía, non somos capaces de saír desa dictadura temática de tal xeito que está a ser a creatividade temática nos blogs, nos xantares e ceas cos amigos, nas conversas de ascensor, nas de bar...
A guerra unilateral impón o terror e con terror non se pensa ou non se pensa ben.
Berra algo diferente, calquera cousa
12.6.12
Rescate
1 guerra civil + 1 transición a medias + anos de pseudosocialdemocracia + 8 anos de dereita dura + 7 anos de pseudosocialdemocrica estúpida + poder subliminal da igrexa católica, destruiron moralmente o Estado.
Individualismo atroz, mafia (só podes confiar na familia), desprecio público e privado polo coñecemento, a cultura e a educación, enriquecemento rápido.
Individualismo atroz, mafia (só podes confiar na familia), desprecio público e privado polo coñecemento, a cultura e a educación, enriquecemento rápido.
28.5.12
Non pasa nada
O Rei marcha coa súa amante a pegar tiros aos elefantes a un país africano, mentres o seu xenro declara por roubar. Dívar, o xefe dos xuíces, vaise finde si e finde tamén (de 4 días) a Marbella a pasalo pipa. Rajoy pasease estupefacto, inútil e impotente, escapa dos xornalistas e metese no water a limparse o cú co seu programa. Rato debe de estar nun país tropical tomando unha caipirinha mentres unha garota lle fai unha felación. O novo xefe de Bankia di que non hai que devolver cartos (que se multiplican a cada semana que pasa), hai 11 millóns de persoas en risco de pobreza e/ou exclusión social, pechan os centros de investigación e os científicos fuxen/son deportados. Os hospitais e escolas deterióranse como quen non quere a cousa. O ministro Wert di que sobran 20.000 profesores. Varios millóns de españoles soportamos a actrices patéticas como as Sorayas (mode trascendente/relixioso on) e Cospedal (a ver qué se me ocurre ahora). Javier Krahe é xulgado por cociñar un cristo e algún rapaz é xulgado por queimar un contentor. Rubalcaba, que se supoña que era listo, non di nada, non fai nada, salvo contemporizar para ver cando cae Rajoy (Rajoy 2ª parte).
Pero tranquilos aquí non pasa nada, ata que pase.
Por exemplo que apareza algún populista/fascista que canalice todo o bochorno indecente.
Ou ata que gañemos a Eurocopa...
Assinar:
Postagens (Atom)