29.1.10

Alberto, presidente

O que vexo é que o presidente da Xunta, Alberto, non é moi listo. Podería ser un cabronazo pero listo. Pero non. Non é listo (o que non o exime de que quizáis sexa tamén un cabronazo).
Pero xa se sabe: Fai máis mal un tonto sen querer que un listo querendo.
Apuntádevos esta frase. Comprobado empíricamente que é certa sempre. É unha lei.
Ademáis rodeuse de ... de... de... non me sae a verba. Mirade: the NY hick Roberto Varela, a fundamentalista de aldea Pilar Farjas, o histriónico Vázquez , o Hernández ("soy uno de los mejores ingenieros de España"), etc. qué se lles pode pedir.

Agora ben, a oposición, igual. Ou peor. Vázquez & Vázquez, Aymerich, Wolf, etc.

Se cadra é que esto é un pais de cenutrios.

28.1.10

Análise lapidaria

O escenario foi unha cafetería de estrada non lonxe da aldea do meu pai, no interior de Lugo. Un deses lugares que nas cidades supoñen que existen. E si, existen. Foi durante o almorzo (café con leite grande e un cruasán bañado en manteiga).
Un paisano le un xornal e di xa están os do bloque armando.
Silencio
Outro paisano di é o que lles vai.
Silencio
O primeiro paisano di cando estiveron no goberno non mandaron nada e aora volven armar
Silencio
Armar é o que saben.

O auténtico achegamento ao conxunto da sociedade (galega) non pasaba por facer unha política populista claramente dereitosa senón por exercer o discurso que algún día tiveron con autoridade. E é aquí a verba clave, autoridade. Efectivamente o galego ten (ou temos, quizáis) unha fascinación atávica, ou polo menos eso creo, hacia á autoridade. De aquí tamén chego a reflexión de M(s) "a máis nacionalista, menos galego".
Poderían dicir que tomén nota pero non é necesario, non a van tomar nunca e, con toda probabilidade, inda que a tomaran non van a ter xamais unha posibilidade de exercela.


21.1.10

La Gran Reserva de España (en Vilalba)


Esto estaba nunha tenda de Vilalba. Unha tenda desas que xa non quedan. Quedei tan noqueado que só se me ocurriu sacar o móbil e fotografiar a botella. Volto o mes que ven e sabendo ao que me vou enfrontar, entrarei a mercar un par de exemplares de tan singular producto. Achégase o antroido.

18.1.10

Regresando

O outro día escoitei tópicos sobre a infancia, concretamente sobre "regresar á infancia". Non sabería dicir qué carallo significa esa bonita frase automática. Sei que da infancia sáese (ou non) e non se regresa. Sei que pode condicionar o futuro. Ou non.
E para min ese segerá a ser un misterio, como ante situacións similares algúns saen e outros quedan ancorados.

A miña espiritualidade

Coincidiume estar conducindo cando na Cadena Ser lle fixéron as dúas entrevistas ao Obismo Munilla. Para este señor, vista a miña espiritualidade, estou peor que os de Haití. Ao día seguinte di que o interpretaron mal. Claro. Todo o mundo o maltinterpreta e o can coumeuse os meus deberes, Seño.
Alédome moito de vivir nun estado máis ou menos (menos) laico, e máis ou menos estructurado porque un tipo así en Afganistán chámase talibán. Este imán de medio pelo (ou ningún) amenaza con males maiores, segue a pensar que iso lle funciona. Frivoliza coa desgracia allea. E inda por riba creerá o tipo que é orixinal e listo.
Deus (mesmo o seu) nos libre de individuos desta pelaxe.
Agroa marcho a tomar un café con tarta e a lamentarme pola miña espiritualidade e o ben que o están a pasar en Haití.

5.1.10

Aquelo do cambio climático

Fai falla ser gañán. E ignorante.
Se non o cren pasen por aquí

Hablame bien

N di "cayó" cando algo cae (ou o tira). Sospeito que o personal da gardería é o responsable disto ainda que nos indicámoslles que por favor lle falaran en galego. Nos decimos "caeu".
Por iso resulta gracioso comprobar que, tras pasar un fin de semana en León, os bebés fillos dos nosos amigos digan "se ha caido" que é o correcto en castelán, como vostedes ben saben.
Sen máis comentarios.