29.10.09

Feijoo no país dos tristes

A verdade é que debe ser ben triste ser Feijoo. É un tipo bastante normal, tan normal que leva nas costas todos os prexuicios e lastres de calquera galego medio de extracción humilde e que estudiou un pouco. Este é un motivo de tristeza, por moi do PP que sexa con piso en Vigo non deixa de ser un tipiño de Ourense. Galicia é un país de desclasificados, todos queren ser o que non son: pailáns que queren pasar por urbanitas vigueses do PP, urbanitas periféricos que queren facerse pasar por socialistas cando o único que son é labregos de segunda xeración, pequenos propietarios en definitiva. Obsesivos urbanitas que se queren facer pasar por urbanitas nacionalistas pero de falsa extracción rural e rurais de segunda xeración que cren recuperar unha inexistente arcadia nacional. Un país de tristes presidido por Feijoo.

Chegou á presidente da Xunta porque non podería ser doutro xeito, pillouno no sitio axeitado no momento oportuno.

Feijoo non é un tipo listo, para nada: chega a Xunta montado nun Audi que non da vendido e sobre as costas de dous dos tristes máis patéticos que deu o país: Touriño (que equivocou o seu século) e Quintana (que equivocou o seu partido, debería ser do PP, bailar cos vellos mentres Baltar toca o trombón). Feijoo pensa que é liberal e de dereitas, pero o pobre non ten nin idea. Intentouno: fixo boas chamadas de teléfono para configurar un equipo que non dera moito o cante, pero nada, déronlle as costas así que se rodeou de quen poido: os máis mediocres de cada casa. Unha ollada aos seus Conselleiros e os seus Dir. Xerais permite confirmalo. Case se podería dicir que chegaba con que estiveran ben educados, pero nin eso.

Pero é un triste con sorte, non existe a oposición e caso de existir, podería ser tan triste como el e tan mediocre como o seu goberno.

Feijoo pensa que é liberal pero non é máis que un galego común con espíritu de funcionario que cambiou os zocos por uns nauticos. Feijoo pensa, e extende esa fama, de que é un tipo eficaz pero tan só é un tipo esforzado como o seu abó sachando nas patacas. Feijoo pensa que goberna, pero gobernar é construír, non desmantelar. Feijoo pon a unha aldeana talibán do opus e a un gay xuntos e pensa que é listo cando o único que fai é apañar o que pode.

Insisto, é un triste con sorte. Tanta que ante o desastre do PP se cadra ata flota e chega a algo máis. Ben sabía o emperador Claudio destas tácticas, a Feijoo saénlle naturais.

19.10.09

Galego

Manifestarse por falar nunha lingua en Europa Occidental e no século XXI non entraba dentro do factible, pero alí estabamos.
Xunto a min había unhas 50.000 persoas máis: eran 50.000 persoas bilingües, é dicir, poden falar correctamente como mínimo en dous idiomas diferentes cando queiran, o consideren oportuno, necesario, educado, apropiado, lles conveña ou lles pete. Outros non poden dicir o mesmo.

16.10.09

Mantén a distancia

Amon Tobin - Keep Your Distance

de que España sexa o país que menos lle recomendacións aplica para a reducción do consumo enerxético. E a que máis parques eólicos crea, curiosamente.
de que uns chorizos gañen 1 millón de euros coa visita do Papa (amén). Cínicos de merda
de Feijoo e todo o seu goberno. Da oposición inexistente. Dos recortes en Educación e Sanidade.

14.10.09

Chino

No xardín que hai diante da casa vin un día un chino facendo algo así como tai-chí cunha ¡espada!. Mentres lía o Chino de Henning Mankell. Non foi un soño porque días máis tarde tamén o viu M. E ainda se deixou ver outro día, sen espada.
O mundo é moi extraño e cambia a moita velocidade.

Pijos (de mierda) 2

Finalmente o megapijo caeu e o único que se lle ocurre é poñerse a chorar.
Non é ningunha novidade, en primaria eu tiña destestable compañeiro-pijo que á mínima púñase a chorar. Deulle polo rollo ultracatólico pero guay e faise acompañar de tarados.
A dignidade non se pode mercar en ningunha tenda, por moi exclusiva que sexa e por moitos cartos que se roubaran.

9.10.09

Pijos (de mierda)

Pijos ou pijos de mierda, ven a ser o mesmo. O SEA.
Nos meus anos mozos, os pijos eran perfectamente recoñecibles: levis 501 tobilleros, polo lacoste, jersey privata... etc escoitaban a los Hombres G e ... e..... e ... nada máis creo lembrar.
En definitiva, eran unha pandilla de inútiles.
Pasaron os anos e os pijos que coñecía, prácticamente sen excepcións, continuaron a ser fieis a si mesmos: pijos, inútiles, insulsos, tristes, profundísimamente superficiais Agora ben, algúns acadaron postos bastante significativos, sempre vinculados, OH MILAGRO!, á política e curiosamente a partir de determinado partido político, PP. Non teño coñecemento que ningún destacara no eido empresarial (curiosamente...), científico, técnico, etc.
En definitiva a clase dos Pijos de mierda fai en grado sumo o que caracteriza aos españois (por suposto aos galegos) por riba de calquera outra cousa e que é un dos elementos que cohesionan sen dúbida o estado español: confunden ser listos con ser ventaxistas, cabróns, etc. Vamos, o que non consegues por competencia própia consíguelo sendo un aproveitado. A coña é que o creen, vamos que creen que son listos; pasan co seu Audi ou Mercedes e síntense listos, pero eu sei, coma ti, que simplemente son uns corruptiños, quizáis de baixa intensidade, si, pero aí están. Cólanse no tráfico respetando escasamente as normas, son perfectamente insolidarios en todos os ámbitos da súa vida. Pero aí están.
O Ricardo Costa ese da trama Gurtel pasaría por ser un deses pijos que coñecín en Lugo cando era mozo, hoxe, cae, claro, foiselle a olla, espero que sexa como un dominó e vaian caendo todos.

A coña é que a xente os vota. Si, vótaos. É dicir, hai votantes, cidadáns, que admiran a corrupción e a inutilidade.
E curiosamente o país non se cae. Sen dúbida hai alguén que traballa e que non é un inútil, inda que non sei se conducirá un Audi ou un Mercedes, seguramente non.

Hoxe tiven unha reunión cun alto cargo do goberno de Feijoó. Era un inútil absoluto que mira por riba do hombro. O sea, un pijo. Un inútil. Din que todo o mundo ten talento para algunha cousa pero non creo que sea verdade.

O SEA.

O tempo pasou e non o fixo en balde. O virus da pijería, ou pijo way of life extendeuse como unha metástase por todo tipo de ambientes.... ou habería que dicir que neses ambientes perdeuse o pudor: inutilidade, orgullo da intilidade, ventaxismo, crerse listo. Crerse guay. Pero esta xa é outra historia que contarei máis adiante. Hoxe quédome con que un pijo está fulminado, terá que devolver o Infinity e o Franck Muller?

6.10.09

talento

Teño que recoñecer, a estas alturas, que non teño talento ningún para as sectas

2.10.09

LA ou como non aprender nunca nada.

LA ou como non aprender nunca nada.

La Coruña. La Coruña. LA
La Coruña, ou como non aprender nunca nada. Eso é o que lle pasa á oposición, é dicir ao BNG e por extensión ao PSOE.
Non entendo cómo se pode ser tan fato, tan lerdo.
A estratexia ven de hai 25 anos, 25 anos nos que non aprenderon NADA. O PP tenno moi doado. Cada vez que fai algunha salvaxada pública, algunha bestialidade política saca a colación o LA e alí van de fuciños o BNG e o PSOE, consegue ademáis que discutan entre eles e consegue ocupar páxinas nos xornais.
O PP está a desmantelar o auténtico patrimonio dos cidadáns, a dereita é o que ten que non cré no público nin na sociedade, ... (para qué extenderme). Na miña opinión está a desmantelar o sistema público de saúde (Pilar Farjas, da secta do Opus ... que cré en Deus e eu penso que ogallá exista e así se pudra no inferno), está a desmantelar pouco a pouco o sistema público de educación, está a beneficiar aos amiguiños de sempre coas suas empresiñas de sempre (eso dáselles moi ben..).
E a oposición desaparecida tras o LA. É como tirarlle un oso a un can, ensaliban só con velo.
Pódese sinalar un axioma: a máis LA, máis burrada do goberno do PP.
Pregútome como se pode ser tan tonto. Non hai nada neses dous partidos que teña un mínimo de intelixencia? non saben o que é a estratexia da cortina de fume?
puaj, que noxo.