28.4.09

40 e uns días

De los cuarenta para arriba no te mojes la barriga.
Crisis de los cuarenta.
Alí Babá y los cuarenta ladrones
Cantar las cuarenta


Non noto nada

21.4.09

Dende a irritación ao insulto e de aí a extinción

Primeiro soaba a xeito de disculpa. Logo, parecía que algún creía o tema. Máis adiante eleboraron teorías completas. E finalmente tomou corpo de verdade. Ou dogma, que neste caso é así.
Así, o que comezou como unha disculpa irritante e estúpida remata no que eu entendo que é un uténtico insulto e menosprezo da sociedade galega en xeral e, particularmente dos seus propios votantes. Non me refiro máis que a teoría de que La Voz de Galicia é a culpable da perda de votos no BNG. Aquí, un exemplo máis.
O peor é que non se dan conta do insulto: unha boa mostra de que a estupidez mesma impide ser consciente dos teus propios actos. Está por escoitar que un dirixente dese bloco diga públicamente: si, fixémolo mal. Esto ten unha consecuencia: se non cambian de hipótese están destinados a extinguirse. E a min, por suposto, dame igual.

16.4.09

Permacultor

- E tamén son permacultor.
- ...


(qué tempada!)

Sentirse

"siéntase como un auténtico madrileño". Eso di a publicidade dun bar de Barajas. Eu só quería unha coca cola e sentirme como habitualmente. Fun a unha máquina expendedora.

3.4.09

Jonh Berger

Eu, certamente, son moito de Jonh Berger, moitísimo.
Ata que OCGG (O Correcto Galego Guai) amosa tamén o seu interese por el. Entón xa non sei se son moito de Jonh Berger: o que pasa é que tamén son moito de fixarme nos síntomas das enfermedades.

Biomúsico

- é que eu son biomúsico
- ah
-....

2.4.09

Unha nova amiguiña

Esta noite G e R foron papás, naceu L unha nova amiguiña, particularmente para N.
:)