29.6.09

Maiquel LLakson

Se non tivera tido fama e cartos, hoxe estaría vivo: sería un tipo normal cun horario de traballo diario ou estaría no cárcere por pederasta. Tocoume vivir a época de thriller, pensaba que todo era unha mamarrachada e hoxe penso o mesmo, polo que o mundo gusta de mamarrachadas, supoño que eso é o autenticamente pop.

Turismoooo!

O turismo é un tipo de fuxida que conduce sempre ao fracaso: o turista sempre regresa á súa vida.

O turista é un arrepentido prematuro.

Facer turismo, ver turistas, é como repetir(se) unha mesma obra de teatro unha e outra vez pero cambiando a decoración. As mesmas gilipolleces ante as pirámides de Egipto que ante a pirámide do Louvre, as mesmas mamarrachasdas nas praias de Cádiz que nas praias de Acapulco.

O turista leva camiseta, nalgúns sitios chámanlle T shirt, etc.

O turismo é un agradable orballo de cartos e ignorancias.

Catedral

-... está fatal: toda llena como de musgos, no?. Cuando vas a Barcelona, a la Sagrada Familia, está toda limpia. Se ve que no la limpian.
-... (silencio)

23.6.09

Sutil, inquieto

Pregúntome, cavilo, cal é a diferencia entre marxinal e elitista, onde está a sutil liña divisoria.

11.6.09

De momento abril ::: LA BIEN QUERIDA

A música de "romancero" é bonita. As letras, ñoñas, e a tipa esta debera ter máis de dúas notas no seu rexistro. Pero algo é algo

Berlusconi

Non é unha aberración. É o futuro.

Euronada

General motors: privatizada, Opel, tamén. O capitalismo salvaxe caeu, nunca máis desregulación e chorradas como "el estado, tan grande como sea necesario, tan pequeño como sea posible" (esta gilipollez escoiteina así as dúas beiras do Atlántico e en dous hemisferios...).
A esquerda non existe, non di nada, tan so tonterías sobre Berlusconi y ñoñerías sobre o Ave, Obama e as enerxías "alternativas" (Zapatero). Desaparecida.
Tal falta de talento, intelixencia e iniciativa non pode ser casual pero tampouco sei moi ben qué pensar. Está o delanteiro centro só a un metro da portería, libre, e en vez de chutar, rasca os collóns. Vale.
Na rexión galega: tampouco hai esquerda, os da estreliña, inútiles dereitosos e reaccionarios, os outros, nada, o de sempre.
Logo Sarkozy fancendo política máis de esquerda que a socialdemocracia europea. Curioso.

Europa: Hai catro niveis de participación en urna: locais, autonómicas, estatais e europeas. Vale que onde se decide qué teatro e qué iluminación poñen na túa cidade é a nivel local. Vale que a nivel autonómico é onde se coce a túa vida diaria. A nivel estatal... defensa, relacións exteriores, catro cousiñas... pero é a nivel europeo onde se decide o futuro, o que vai pasar dentro de 5 anos. en todo o que afecta a tua vida. Todo. Que ningún político, pero, ollo, ningún xornalista tampouco, ningún sesudo analista nin poliinsaturado tertuliano sexa capaz de decilo é simplemente... simplemente, non sei, qué é? desesperante, estúpido, catastrófico, significativo, vergoñento...?

Non pasa nada, en canto se incrementen as necesidade de petróleo veremos que non era unha pausa na festa, senón o fin da verbena.

Menos mal que polo menos parece que chegou o verán con tardes de xelado e dedos dos pés ao aire.

1.6.09

Un día triste

M(s), autora desta célebre frase, morreu hoxe tras unha longa enfermidade. Non por coñecer o resultado do proceso deixa de ser un día triste. M(s) era unha persoa boa, entusiasta, optimista, solidaria. Aí foi onde a coñecín e onde nos fixemos amigos, nun xa lonxano 1999 na estrada máis perigosa do planeta, la carretera de la muerte. Sinto que non chegara nin a coñecer a miña filla pois pouco despois de que nacera foi cando lle detectaron a enfermidade. Unha merda e non sei moi ben xa que máis contar.